Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster Audiovisual Galego lidera un proxecto baseado en Intelixencia Artificial: MEDRETIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster Audiovisual Galego lidera un proxecto baseado en Intelixencia Artificial: MEDRETIA

S. P.
Publicado: 28/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

intelixencia_artificial_big_data_audiovisual.jpgFacer avanzar a presenza da Intelixencia Artificial no sector audiovisual galego, co obxectivo de mellorar a súa capacidade de ofrecer ao mercado o que este demanda. Este é un dos grandes obxectivos do proxecto colaborativo MEDRETIA, impulsado polo Clúster Audiovisual Galego botando man de técnicas de IA, que ten o obxectivo de “desenvolver predicións a partir de datos multisectoriais, e determinar un sistema intelixente para a predición de éxito (audiovisual) e vendas (téxtil) dos produtos monitorizados permitíndolles ás empresas adiantarse ás necesidades do mercado en base aos datos históricos de tempadas anteriores”.
O Clúster desenvolve o proxecto MEDRETIA en colaboración coas empresas Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Duacode e Selmark, o centro tecnolóxico Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, Galicia Dixital.
Segundo explican, MEDRETIA ten o seu antecedente nos resultados do estudio de viabilidade liderado polo Clúster AudienceLab Big Data, financiado pola convocatoria 2018-19 de axudas de apoio a agrupacións empresariais innovadoras, para a construción dun piloto que permitira medir o consumo audiovisual da mocidade nas novas plataformas. Fontes do Clúster aclaran que o resultado do estudo de viabilidade desembocou en “información de gran utilidade para as empresas do consorcio que desenvolveu o proxecto”, permitindo “incrementar o valor de cada produción audiovisual xerada polas produtoras e empresas de creación de contidos audiovisuais con datos ata ese momento de difícil acceso”.
O proxecto MEDRETIA conta con financiamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do programa de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) para contribuír á mellora da competitividade da industria española, resultando beneficiario, na súa segunda convocatoria do año 2022, dunha axuda de 141.084 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?