Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense convoca unha nova edición do seu concurso escolar sobre mulleres e nenas na ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense convoca unha nova edición do seu concurso escolar sobre mulleres e nenas na ciencia

S. P.
Publicado: 29/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_campus_ourense_mozas_ciencia_concurso_nenas.jpgA Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense convocan a sétima edición do Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Poden presentar os seus traballos as alumnas e alumnos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria de centros educativos ourensáns. As propostas terán que versar sobre a muller na ciencia e na enxeñaría. Poden achegar contribucións ata o 20 de xaneiro de 2023.
Os obxectivos da iniciativa, que conta co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, son “promover o coñecemento por parte do alumnado do papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia; establecer un certame que axude a visualizar este papel e chamar a atención do alumnado preuniversitario sobre a ciencia, a enxeñaría e a súa contorna”.
A actividade, engaden, celébrase co gallo da conmemoración o 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Como dixemos, a participación está aberta a alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria matriculado nos centros educativos da provincia de Ourense, establecéndose unha categoría para cada unha destas etapas educativas.
As modalidades para participar son dúas, podendo cada estudante participar exclusivamente nunha das modalidades cun único traballo, que deberá ser inédito e orixinal. En primeiro lugar, a modalidade visual está aberta a debuxos realizados con calquera material (lapis de cores, rotuladores, recortes para colaxe…) e recursos como o son, o vídeo ou a fotografía para crear obras ou propostas artísticas. Enviaranse en formato dixital ao enderezo da organización do concurso e non levarán o nome do autor ou autora de forma visible. As fotografías remitiranse en alta resolución (mínimo 1920 x 1080 píxeles), cun tamaño máximo de 20 MB. Os vídeos poden ter unha duración que oscile entre os 30 segundos e os 2 minutos. Os debuxos tamén deberán ser escaneados en alta resolución.
En segundo lugar, na modalidade literaria pódense presentar manuscritos escritos a man ou a computador e que, en calquera caso, enviaranse en formato dixital ao enderezo da organización do concurso. A extensión máxima do traballo será de aproximadamente 900 palabras, o que equivale aproximadamente ás dúas caras dun folio de tamaño A4, e non levarán o nome da autora ou autor de maneira visible. Deberá ser unha obra inédita e orixinal, especificando desde a organización que non se poden presentar resumos do que xa está escrito en Internet. Os traballos poderán estar escritos en galego ou en castelán nos xéneros de poesía e narrativa (contos, relatos).
O tema común dos traballos serán os referentes femininos nas disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e matemáticas), como enxeñeiras, oceanógrafas, informáticas, matemáticas, físicas, biólogas, vulcanólogas, químicas, inventoras.
Un xurado composto por profesorado da Facultade de Ciencias, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática realizará a proposta de traballos gañadores. Na modalidade visual valorarase “a calidade técnica, a orixinalidade, a creatividade e o tratamento da temática do concurso” e na literaria “o estilo, a capacidade de razoamento, a orixinalidade e o tratamento da temática do concurso”. Haberá tres premios por cada unha das categorías e das modalidades. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da organización do certame e as autoras e autores cederán os dereitos de reprodución das súas obras. A entrega de galardóns será nun acto especial que se celebrará no Campus de Ourense na primeira quincena de febreiro coincidindo cos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?