Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC acolle o acto de presentación do Nodo de Intelixencia Artificial de DIHGIGAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC acolle o acto de presentación do Nodo de Intelixencia Artificial de DIHGIGAL

S. P.
Publicado: 29/11/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

A presentación do Nodo nunha imaxe da Cadena Ser
A presentación do Nodo nunha imaxe da Cadena Ser
A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu este martes 29 de novembro a presentación do Nodo de Intelixencia Artificial do Hub de Innovación Dixital de Galicia, DIHGIGAL, iniciativa coordinada pola UDC que constitúe unha das grandes apostas galegas polos sistemas intelixentes e a dixitalización. Ademais, vén con engadido extra de ser unha fronte diversa de actividade e de colaboración, formada por industrias, administracións, universidades e centros tecnolóxicos. En concreto, a idea é estreitar a unión de dous elementos clave da transformación dixital: por unha banda especialistas en Intelixencia Artificial (empresas, centros tecnolóxicos e de competencias) e pola outra, usuarias de IA (industrias).
Segundo se fixo saber, a UDC (xunto co ITG) será a entidade encargada de xestionar as actividades do hub: unha liña de acción que atinxe a preto de medio milleiro de empresas galegas. Entre os cometidos da universidade coruñesa atópanse os de dar soporte a novos proxectos avanzados de tecnoloxías con capacidade de xestionar, avaliar e rendibilizar grandes cantidades de datos e, tamén, procurar novos xeitos de financiamento para as iniciativas.
Participaron na presentación o reitor Julio Abalde, o director de DIHGIGAL, Francisco Yáñez, o director de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, o director da área TIC no Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Óscar González, e a directora da área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Sabela Pardo.
Asistiron tamén o coordinador do Nodo IA de DIHGIGAL, Marcos Ortega, da UDC, e a xerente de DIHGIGAL, María Eugenia Mijares, amais de representantes de diversas entidades implicadas no Nodo como o Clúster TIC de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Imatia, Bosch, FEUGA, KPMG, Inova, 4 Digital, 2 Espacios, Business Factory Aero e Food, entre outras.
Segundo fixeron saber, entre as principais liñas de actuación que serán responsabilidade do Nodo destacan as de facer visibles e apoiar proxectos en curso relacionados coa Intelixencia Artificial así como a busca de novas oportunidades de financiamento para proxectos innovadores coa tecnoloxía como eixo transversal. “Todo isto partindo das necesidades da industria e garantindo a materialización deses proxectos en avances na súa transformación dixital e nun aumento da competitividade das empresas a nivel global”, explicaron.
Departamento de solucións do sector empresarial
Este hub é, como definiu o reitor, “o departamento de solucións do sector empresarial”. Neste sentido, o Nodo de IA será o provedor de solucións en temas de Intelixencia Artificial para as empresas, pequenas e grandes, de Galicia, ademais de xogar un papel de dinamización e sensibilización en aspectos de IA na sociedade galega. O Nodo de IA, coordinado polo profesor da UDC, Marcos Ortega, exemplifica, segundo explicou Abalde, “como se entende a transferencia de coñecemento na UDC”, na que non se trata de investigar e desenvolver unha patente e ver como se aplica na industria, senón “co-xerar coñecemento conxuntamente entre a Universidade e as empresas”. O reitor puxo como exemplo desta filosofía a recente creación do Centro Mixto de Investigación UDC- Navantia para desenvolver o estaleiro 5.0.
Para o director de DIHGIGAL, a UDC “é unha das principais entidades de Europa en materia de Intelixencia Artificial”. Yáñez asegurou que Galicia ten un potencial tecnolóxico suficiente para ser un referente europeo en IA. O papel do hub que dirixe é dinamizar un sector xa de por si moi activo. Nos últimos meses, apuntou, a súa entidade contribuíu na dixitalización de máis de cen empresas, mobilizando máis de vinte millóns de euros.
Norberto Penedo, pola súa banda, declarou que a posta en marcha do Nodo en IA “é un punto de inflexión” e avanzou que a misión de DIHGIGAL é “necesaria para a innovación e dixitalización de Galicia”. Óscar González afirmou que este Nodo nace con fortalezas. Ademais das universidades e outros centros de coñecemento, ten empresas e infraestruturas como a Cidade das TIC “que vai potenciar este Nodo”, e persoal altamente cualificado, dixo. González apuntou o dato de que o 10% das pequenas e medianas empresas, pemes, xa utiliza algún tipo de solución baseada en Intelixencia Artificial, o que sitúa á Galicia como a quinta comunidade de España, por diante de País Vasco ou Andalucía. Sabela Pardo incidiu tamén na importancia da IA non só para o futuro senón para o presente e aproveitou para felicitar á Universidade da Coruña pola proposta da cidade para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial.
Dende 2019
DIHGIGAL naceu en 2019 como hub da industria de Galicia, aglutinando aos principais representantes de demanda e a oferta tecnolóxica (máis de 400 entidades, maioritariamente pemes, máis de 20.000M€ de facturación e máis de 50.000 empregos directos). O seu rol no impulso da transformación dixital da industria vén avalado polo seu recoñecemento como hub estratéxico pola Xunta de Galicia (2019), o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (2021) e a Comisión Europea (2022). Dispón ademais dunha ampla rede de contactos internacionais entre os que destaca a súa pertenza ás principais redes europeas de datos (European Data Federation e Big Data Value Association) e de manufactura (EDIH-Manufacturing).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?