Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inforhouse, Dinahosting, Creativas Galegas, MestreLab, QED e Infornet, recoñecidas polo Concello de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inforhouse, Dinahosting, Creativas Galegas, MestreLab, QED e Infornet, recoñecidas polo Concello de Santiago

S. P.
Publicado: 30/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

1669746970premiosexcelencia_santiago.jpgO Concello de Santiago, a través da área de Promoción Económica, entregou este martes 29 de novembro os seus Premios á Excelencia Empresarial, enmarcados no programa municipal Compostela Móvese 2022. A cita foi en Raxoi e contou coa presenza do alcalde Xosé Sánchez Bugallo e dos integrantes do xurado. Segundo lembrou o rexedor, estes galardóns nacen “co fin de premiar ás empresas locais que se distingan polas súas boas prácticas nos eidos da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais e boas prácticas de economía social”. Entre as firmas distinguidas atopábanse firmas tecnolóxico-dixitais como Dinahosting, Inforhouse ou Infornet, entre outras.
As empresas premiadas nesta primeira edición foron as seguintes:
– Premio Boas Prácticas en Conciliación á Empresa. Foi dar a Inforhouse SL, unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector TI, e que ofrece unha carteira de solucións flexibles, personalizables e nun marco de xestión baixo estándares de calidade e metodoloxías específicas. O xurado valorou que “ademais das áreas funcionais de comercial, mercadotecnia e administración, Inforhouse conta cun departamento técnico de software e SAT/Sistemas que lle permite realizar servizos de soporte e mantemento de aplicativos e infraestruturas en Galicia, Asturias e outras zoas do territorio nacional”.
Nesta categoría outórgase ademais unha Mención como finalista á empresa tecnolóxica Dinahosting, dotada con 2.000 euros. Dinahosting é unha empresa especializada en servizos de hospedaxe e e dominios, con máis de 20 anos de traxectoria ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende páxinas sinxelas ata infraestruturas máis esixentes. “O valor engadido está relacionado con discos NVMe, hardware de última xeración, CPD de alto rendemento, máxima conectividade e seguridade”, valorou o xurado.
-Pola súa banda, o Premio Boas Prácticas en Economía Circular e o Premio Boas Prácticas de Empresas de Economía Social (dotados cada un deles con 6.000 euros) foron dar á Comunidade Creativa Soc Coop Galega. Creativas Galegas é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que nace a finais de 2019, da man de tres artesás creativas, do eido cultural galego, que xa tiñan as súas propias marcas no mercado. A empresa nace para tratar de dar solución ás dificultades que atopan as empresas do sector para sobrevivir polo feito de ser un proxecto pequeno dando a posibilidade de ter un espazo físico, compartindo custos, creando sinerxías, favorecendo a negociación con provedores e compartindo experiencias. A idea é manter a imaxe de marca de cada empresa, pero actuando como unha única entidade.
-O Premio Boas Prácticas en Materia de Innovación e Ciencia Aplicadas ao modelo de negocio, dotado con 6.000 euros, foi dar á empresa MestreLab Research SL, firma que conta cun software especializado para investigación química que cuantifica a pureza e concentración dos compostos químicos, permitindo así ás empresas farmacéuticas, químicas ou biotecnolóxicas, desenvolver medicinas e produtos máis efectivos, fiables e seguros.
-O Premio Boas Prácticas en Innovación en Comercialización de Produtos e Servizos Culturais, que vén con 6.000 euros, recaeu na empresa de Gonzalo Mata García QED Estudios de Herencia Cultural. Trátase dunha firma que xorde para contribuír ao estudo, análise, diagnóstico e difusión da herdanza cultural, tanto dende una perspectiva teórica como práctica, para a súa seguridade, pervivencia e coñecemento. O proxecto é creado por Gonzalo Mata despois de anos de docencia e investigación no eido das humanidades, para “proporcionar no eido cultural un servizo innovador, de calidade e ao día en técnicas diagnósticas”.
-O Premio Boas Prácticas Aliñadas cos Retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030 (6.000 euros) foi dar á empresa Informática y Networking Compostela SLU, Infornet, unha empresa galega de servizos e solucións tecnolóxicas, especializada en sistemas, ciberseguridade, virtualización e arquitectura na nube, aberta ao mercado internacional e coa sede en Santiago de Compostela. O proxecto nace no 1995 nunha habitación de estudante e froito da paixón pola tecnoloxía, pero non é ata 2001 cando se constitúe como empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?