Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo levará fibra óptica a 33.000 familias rurais de Lugo entre 2023 e 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo levará fibra óptica a 33.000 familias rurais de Lugo entre 2023 e 2024

S. P.
Publicado: 01/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

adamo_vieiro_tecnicos_despregadura.jpgAdamo presentou os detalles da súa folla de ruta 2023-2024 para a provincia de Lugo en materia de conectividade e Internet ultrarrápida. Segundo fixo saber a operadora, preto de 33.000 familias que residen en zonas illadas e dispersas da provincia terán, por fin, acceso a Internet de alta velocidade. Trátase de veciños que agora contan cun sinal de baixo rendemento ou que, directamente, carecen de conexión, segundo explica a empresa de telecomunicacións, engadindo que estes números e estas previsións foron confirmados esta semana polo Goberno, ao ratificar o resultado provisional da segunda convocatoria do Programa ÚNICO – Banda larga, financiado por Next Generation EU e dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A operadora Adamo, principal adxudicatario a escala nacional das subvencións comunitarias para estender fibra en áreas rurais (312.000 vivendas en 17 provincias), será a empresa que levará a cabo o cableado na provincia (do resto de Galicia encargaranse Avatel -en Ourense e Pontevedra- e Rede Aberta na Coruña). Para iso, Adamo recibirá 12,3 millóns de euros, cantidade que completará con outros 5,2 millóns de capital privado ata alcanzar os 17,5 de orzamento total. O prazo para executar os traballos inclúe os anos 2023 e 2024.
Adamo explica que os traballos a realizar “marcarán un antes e un despois na vida desas 33.000 familias lucenses”, posto que “pasarán a realizar con garantías, cunha conexión a Internet de calidade, actividades que hoxe resultan en grao sumo habitual”. Por exemplo teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras. “Iso”, engade a compañía, “sitúa á fibra óptica como un elemento fundamental para fixar habitantes no territorio, como unha ferramenta imprescindible na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosos pobos lucenses”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?