Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA mostra nun demoday en Santiago os seus revolucionarios proxectos transformadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA mostra nun demoday en Santiago os seus revolucionarios proxectos transformadores

S. P.
Publicado: 01/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

clusaga_xornada_foro_encontro_congreso.jpgO Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) presentou este 1 de decembro os seus proxectos actuais de transformación, dos que xa se están a beneficiar 30 socios da entidade a través de propostas colaborativas xunto a outras empresas e entidades de investigación e innovación. Foi no marco da xornada demoday convocada baixo o epígrafe A dixitalización e industria 4.0 na transformación da industria alimentaria. A cita (celebrada na sede FEUGA, en Santiago) contou coa presenza (entre outros) do director do IGAPE, Fernando Guldrís.
Apoios do IGAPE
Guldrís sinalou que “un dos retos máis importantes do sector a medio e longo prazo é conseguir a dixitalización de toda a súa cadea, de forma que se aumente a confianza do consumidor”. Tamén destacou as distintas liñas e actuacións promovidas polo Goberno galego neste eido. Así, lembrou, o IGAPE impulsa cada ano axudas á dixitalización das pemes, con apoios que chegan ata o 50% dos gastos dos proxectos, liña que volverá a activarse no 2023; ou promoveu os chamados cheques de dixitalización para autónomos e pequenas empresas, con axudas do 80% dos gastos dos proxectos de adaptación á situación xerada pola pandemia mediante a implantación de todo tipo de tecnoloxías dixitais. Guldrís tamén puxo en valor outras actuacións como o programa Galicia Exporta Dixital, que busca apoiar ás pemes no desenvolvementos de plans empresariais de internacionalización dixital. Nesta liña, detallou, a industria alimentaria, xunto ao sector comercio e o metalmecánico, suman máis do 50% das solicitudes recibidas.
10 iniciativas
CLUSAGA, no marco do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs) que promove o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR), impulsou máis de 10 proxectos nas últimas dúas anualidades, permitindo acelerar a transformación dixital das máis de 30 empresas socias participantes nestas iniciativas.
O clúster salientou que algúns dos proxectos impulsados neste marco durante o último ano tamén recibiron apoio do Fondo de Recuperación NextGenerationEU para a aceleración da transformación dixital.
Entidades socias beneficiarias
En concreto, ANFACO-CECOPESCA, AOTECH, ASM, Bico de Xeado, Casa Grande de Xanceda, Centro Tecnolóxico da Carne, CLUN, Cofrico, ColorSensing, DOP Mexillón de Galicia, EligeData, Entrepinares, Galacteum, Galifresh, Glaücor, Hornos Lamastelle, Innogando, Instituto Tecnolóxico de Galicia, JEALSA Rianxeira, Lugar da Veiga, Bodegas Martín Códax, Medrar Smart Solutions, Paco&Lola, Conservas Palacio de Oriente, Perfect Numbers, PSVet, Queizuar, Real Conservera Española, San Brandán, Triple Alpha e Viña Costeira foron os socios de CLUSAGA participantes nos proxectos financiados no marco desta convocatoria ao longo destes anos.
Trátase de iniciativas de investigación, desenvolvemento, innovación e aplicación de novas tecnoloxías e Industria 4.0, que favorecen o desenvolvemento de pilotos para a dixitalización do sector alimentario de Galicia.
Demoday
Como dixemos, para dar visibilidade a este proxectos, CLUSAGA organizou este xoves un demoday no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela). No evento déronse a coñecer os proxectos xa finalizados (ML4Milk, HSI-FOOD, PHOTONICS4BAKERY e FoodTechINK), da man das empresas participantes nos mesmos. Do mesmo xeito, presentáronse as novas iniciativas de CLUSAGA en colaboración con entidades socias: MILKTELLIGENCE, MUSSELBLOCK e Smart4Cheese.
Ademais, habilitouse un espazo expositivo onde se deron a coñecer demostradores in situ as tecnoloxías aplicadas facilitando a transferencia a todo o sector, e facilitarase un espazo para o networking, permitindo establecer novas colaboracións.
Por outra banda, os proxectos ENOTECH 4.0 (Solucións de sensórica, visión artificial e Big Data para o sector vitivinícola) e máis YIELDCAN 5.0 (Procesado masivo de datos en optimización de procesos produtivos, sustentabilidade e calidade do produto en conservas de peixe), que finalizan no mes de decembro, presentaron por primeira vez os seus resultados e conclusións durante o encontro. Este evento organizouse no marco do Grupo de Traballo 2 da Comisión de Innovación e I+D de CLUSAGA, Novos modelos de produción e comercialización. Innovación en procesos e tecnoloxías. Dixitalización, cuxo obxectivo é facilitar que os seus participantes establezan ideas de proxectos colaborativos e innovadores neste ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?