Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra presenta un piloto para loitar contra a fenda dixital en cinco concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra presenta un piloto para loitar contra a fenda dixital en cinco concellos

S. P.
Publicado: 05/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_contra_a_fenda_de_xenero_e_social.jpgEste venres presentáronse os detalles do proxecto piloto Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra, impulsado pola Deputación. Na cita participou a presidenta Carmela Silva, xunto cos responsables dos cinco concellos que van participar, de arrinque, na iniciativa: A Illa, Moraña, As Neves, Cuntis e Forcarei. O proxecto, que se desenvolverá nestes municipios durante 2023 e 2024, terá un orzamento de medio millón de euros e recibiu unha achega de máis de 280.000 € do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
No encontro estiveron presentes os alcaldes e alcaldesas de Cuntis, Manuel Campos, de Forcarei, Verónica Pichel, da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, de Moraña, José Cela, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez.
A presidenta agradeceu a presenza e implicación dos cinco concellos participantes “polo compromiso e pola complicidade, porque sen iso e sen medidas non teremos resultados”. Ao sumarse, asegurou, “ides ser referentes nesta loita e grazas a este proxecto imos poder extraer datos e, froito do contacto coa xente, detectaremos o que solicitan e idearemos novos proxectos”. Carmela Silva lembrou que tanto a soidade non desexada como a fenda dixital son graves problemas que afectan moito o rural e engadiu que “a relación humana é fundamental porque somos seres sociais, e temos que darlle unha resposta desde o dixital”.
O Hub, explicou, busca a mellora das habilidades dixitais, orientado especialmente a persoas maiores e mulleres (aínda que se poderían sumar outras persoas que detecten esta necesidade), especialmente no ámbito rural onde a fenda dixital “é máis patente”, dixo Silva, engadindo que o proxecto chegará a aproximadamente 500 persoas.
O programa artéllase en tres bloques principais: capacitación e formación en habilidades e competencias dixitais, desenvolvemento dunha plataforma innovadora de formación cun módulo de creación de contidos e, por último, desenvolvemento de servizos e solucións inclusivas e accesibles adaptadas á contorna e aos colectivos en risco de exclusión en municipios de reto demográfico de carácter rural.
O Hub obedece á escasa rendibilidade e viabilidade económica da prestación de servizos presenciais en contornas rurais con pouca poboación, con procedementos substituídos pola autoxestión en liña, pero tamén debido ao aumento das canles dixitais para manter relacións sociais e por mor da desconfianza na seguridade nas transaccións económicas por descoñecemento e polas noticias de ciberdelitos. Así, o Hub impulsado pola Deputación busca que as TIC “se convertan nunha oportunidade para mellorar a autonomía e a calidade de vida da veciñanza e apoderala na súa relación coa administración, no mantemento de relacións e contactos sociais e no acceso á telemedicina ou á teleasistencia”, explicou a entidade provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?