Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI acollerá os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI acollerá os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks

S. P.
Publicado: 07/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

decembro_makers_talks_uvigo_deputacion_ourense.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 de decembro os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks, organizados pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers. O evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, “desde unha perspectiva didáctica e práctica”, informaron fontes da Uvigo, engadindo que neste escenario abordaranse temas como a Internet das cousas, a robótica, a mpresión 3D, a ciberseguridade e os videoxogos.
Decembro Maker Talks foi presentado este mércores 7 de decembro nas instalacións universitarias por Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Na súa presentación, os representantes institucionais destacaron “que a iniciativa dá continuidade e pulo á sinerxía de colaboración xa existente entre a institución académica e a provincial, neste caso no marco dun proxecto transfronteirizo”.
uvigo_decembro_makers55.jpgA programación dos encontros articúlase arredor de catro eixes. O primeiro deles é Espazos Conectores e nel, as os relatores abordarán desde diferentes aspectos “o camiño que tanto as cidades grandes como as pequenas iniciaron cara á extensión no uso e desenvolvemento das tecnoloxías”. O segundo dos bloques titúlase Ecosistema Dixital. Do hacker ao maker, no que se presentaran proxectos como Argalleiros, a guía maker para Galicia e Norte de Portugal que ofrece un percorrido polas orixes e a filosofía do movemento Do It Yourself. Neste bloque tamén se dará a coñecer o estado actual da impresión 3D e algunhas das claves sobre a seguridade na rede da man dun experto hacker.
Negocios e Tecnoloxía é o terceiro dos eixes da programación. Nel, da man de profesionais, abordaranse cuestións como a crise actual e a transformación dixital (unha oportunidade para o cambio), as tendencias no mundo da tecnoloxía, os nichos de negocio que podemos identificar ao noso redor, os novos retos das empresas ou que podemos atopar en plataformas, redes sociais, metaverso ou Intelixencia Artificial.
Por último, Decembro Maker Talks centraranse nos videoxogos. “O ecosistema do videoxogo vai máis aló do mero entretemento: está cada vez máis presente na nosa sociedade e é un sector que non para de medrar, tanto en seareiros como desde o punto de vista económico”, explican desde a organización da cita, na que diversos especialistas se achegará a este sector desde diferentes ángulos.
O panel de convidadas e convidados inclúe membros do coworking e coliving rural Sende; do Laboratorio Digital Fab Lab de León; da Asociación Española de Empresas Desarrolladoras de Videojuegos e da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos; de PlayStation Iberia e de Multiversial, Ilux Visual Technologies e Virtual Voyagers. Tamén estarán expertos como Antonio Fernandes, avaliador de proxectos de innovación e ciberseguridade para a Comisión Europea ou Cristian Espartaco, general manager en España e Latinoamérica do club Qlash. Na sesión tamén se entregarán os premios do Concurso Talento Maker posto en marcha no marco proxecto Emprende Makers no que se convida a persoas de 12 a 30 anos a presentar as súas propostas maker.
Decembro Maker Talks forma parte do proxecto Emprende Makers, aprobado na segunda convocatoria do programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 e co-financiado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Liderado polo Concello de Ourense, Emprende Makers ten como entidades beneficiarias, na parte galega, á Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo, e por parte lusa ás cámaras municipais de Paredes de Coura, Melgaço e Vila Nova de Famalicão e á Universidade do Minho.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?