Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña lanza un servizo avanzado de dixitalización para pemes en Ponteceso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña lanza un servizo avanzado de dixitalización para pemes en Ponteceso

S. P.
Publicado: 09/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_oficina_acelera_peme_tella_ponteceso_1.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o seu homólogo da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella (Ponteceso), José Ramón Pombo Imia, asinaron este 9 de decembro un convenio para a posta en marcha da nova oficina provincial Acelera PEME, que impulsará a transformación dixital das empresas en áreas rurais. Ao acto asistiron o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo. O servizo estará emprazado no Parque Tella e dará soporte asesoramento aos 93 concellos da provincia.
A misión desta oficina, explicou Formoso, será “apoiar ás pequenas e medianas empresas e ás persoas autónomas e emprendedoras de toda a provincia no seu proceso de dixitalización, o que lles permitirá mellorar a súa competitividade, logrando deste xeito o crecemento económico do territorio e contribuíndo a frear o despoboamento do rural”.
Pola súa banda, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, agradeceu que a Deputación “recoñeza e valore o traballo realizado desde Ponteceso pola promoción económica e industrial da Costa da Morte, en especial desde o Parque Empresarial de Tella, un dos de maior crecemento nos últimos anos”. E engadiu: “Esta iniciativa que impulsamos coa Deputación supón unha aposta por Ponteceso e pola Costa da Morte. Falamos de 468.000 euros de fondos europeos que chegan a esta comarca para apoiar ás pequenas e medianas empresas”, subliñou García Carballido, que expresou
Os principais obxectivos desta oficina son sensibilizar ao tecido produtivo das zonas rurais sobre as vantaxes da dixitalización e fomentar a demanda tecnolóxica, dándolles a coñecer o amplo abano dispoñible de TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación); prestar apoio técnico para a obtención de axudas locais, autonómicas e nacionais; potenciar a dixitalización a través de resolución de dúbidas e asesoramento personalizado e servir como punto de encontro de oferentes e demandantes de tecnoloxía para o desenvolvemento de accións de transformación dixital.
Esta oficina será unha das 58 que se porán en marcha grazas a convocatoria de axudas para a ampliación da Rede de Oficinas Acelera PEME impulsada desde Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
Esta convocatoria contaba cun orzamento global de 23,8 millóns de euros, dos cales Red.es aporta ata o 80% do orzamento subvencionable, mentres que as entidades beneficiarias a parte restante. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de PEMES 2021-2025.
O custo total da posta en marcha da Oficina Acelera PEME de Ponteceso ascende a 468.000 euros, dos cales o 80% corresponderán aos fondos captados a través da convocatoria de Red.es e o restante 20% o aportará Deputación cos seus fondos propios.
O persoal desta instalación será o encargado de prestar apoio técnico, asesorando e dando soporte ás pequenas e medianas empresas, os/as autónomos/as e aos/as emprendedores/as nas áreas principais de transformación dixital, organizando sesións de networking para conectar a oferta coa demanda tecnolóxica, identificando os programas de axudas existentes a nivel local, autonómico e nacional para informar sobre estes ao tecido empresarial da provincia, tanto para o seu coñecemento e uso (incluíndo o Kit dixital), como para a incorporación de metodoloxías e tecnoloxías innovadoras.
Pode atopar máis información sobre esta oficina podemos localizala na súa páxina web ou poñernos en contacto a través do correo electrónico oaprural@dacoruna.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?