Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os premios do Concurso Talento Maker entregaranse no marco dos encontros Decembro Maker Talks
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os premios do Concurso Talento Maker entregaranse no marco dos encontros Decembro Maker Talks

S. P.
Publicado: 09/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

decembro_deputacion_ourense_uvigo_makers2.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks, organizados pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers. O evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, “desde unha perspectiva didáctica e práctica”, informaron fontes da UVigo e da dita entidade provincial, engadindo que neste escenario abordaranse temas como a Internet das cousas, a robótica, a impresión 3D, a ciberseguridade e os videoxogos. Un dos pratos fortes do programa será a resolución do Concurso Talento Maker para futuras e futuros especialistas en tecnoloxías abertas.
O panel de convidadas e convidados inclúe membros do coworking e coliving rural Sende; do Laboratorio Digital Fab Lab de León; da Asociación Española de Empresas Desarrolladoras de Videojuegos e da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos; e de PlayStation Iberia e de Multiversial, Ilux e Virtual Voyagers. Tamén estarán expertos como Antonio Fernandes, avaliador de proxectos de innovación e ciberseguridade para a Comisión Europea ou Cristian Espartaco, general manager en España e Latinoamérica do club Qlash.
Como dixemos, na sesión entregaranse tamén os premios do Concurso Talento Maker. Trátase dunha iniciativa que nace co obxectivo de identificar as iniciativas creativas e participativas que se están a desenvolver en Galicia e o norte de Portugal, e en concreto na provincia de Ourense as que contribúen ao cumprimento dos obxectivos fixados na estratexia do programa Emprende Makers. Os galardóns están dirixidos aos mozos con idades comprendidas entre 12 e 30 anos, con tres categorías:
–Junior Makers; Estudantes de 1º a 3º de ESO.
–Teen Makers: Estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato ou FP ata as 17 anos.
-Sénior Makers: Poderán participar estudantes de FP e Universidades, así como rapaces con habilidades e intereses makers non matriculados en ningún centro de formación, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. Poderanse presentar proxectos encadrados en catro áreas argalleiras, e que competirán entre si: robótica, impresión 3D, videoxogos e software e aplicacións móbiles ou de sobremesa.
Decembro Maker Talks forma parte do proxecto Emprende Makers, aprobado na segunda convocatoria do programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 e co-financiado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Liderado polo Concello de Ourense, Emprende Makers ten como entidades beneficiarias, na parte galega, á Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo, e por parte lusa ás cámaras municipais de Paredes de Coura, Melgaço e Vila Nova de Famalicão e á Universidade do Minho.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?