Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achéganos esta semana media ducia de formacións TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achéganos esta semana media ducia de formacións TIC

S. P.
Publicado: 12/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme-16.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do servizo de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana (a comprendida entre o 12 e o 16 de decembro) seis novos obradoiros impartidos de xeito online, enmarcadas na súa carteira de actividades de capacitación TIC para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas de ciberseguridade, embalaxe e presentación de Nadal, Google Analitycs 4, estratexias dixitais para entidades do terceiro sector, o IVE ou estratexia dixital con Benchmark Email.
Este luns 12 de decembro haberá dous obradoiros na quenda de mañá. No primeiro Manuel Freire, experto en robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso Ciberseguridade, que é o malware, iniciando así unha nova serie de talleres de ciberseguridade. O obxectivo desta formación é dar a coñecer ao asistente que é o malware, que tipos de ameazas en liña empregan os ciberdelincuentes ou como saber se estamos infectados. O outro dos cursos chámase Preparación de última hora do packaging de Nadal e estará conducido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, que explicará a importancia do packaging na estratexia de venta online e os pasos básicos para preparar un pedido correctamente, e en especial para o Nadal.
O martes 13 impartiranse outras dúas novas formacións. Pola mañá, a diplomada en Ciencias Empresariais, Esther Garcinuño, impartirá a formación Primeiros pasos con Google Analitycs 4. Este obradoiro realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), ensinarase a configurar esta ferramenta correctamente e a sacarlle partido para axudar na toma de decisións dun negocio.
Na quenda de tarde a temática será a mercadotecnia social. Nesta formación revisaranse as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para que as entidades do terceiro sector poidan funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. Este contido será explicado polo licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández no taller Márketing Social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector.
O xoves 15 de decembro, rematará a semana lectiva con outras dúas formacións en liña. Pola mañá, Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais impartirá o curso Que é o IVE e como funciona un taller que desenvolverá os principais aspectos deste tributo, o imposto do valor engadido (IVE).
Por último, na quenda de tarde, o enxeñeiro informático José Luis Taboada fará unha introdución aos conceptos da mercadotecnia vía correo electrónico, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email marketing, ensinará a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email no obradoiro Optimiza a túa estratexia de email marketing con Benchmark Email.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?