Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Orquestra Vigo 430 e o MUVI xuntan música e videoxogos nun concerto sinfónico o día 23
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Orquestra Vigo 430 e o MUVI xuntan música e videoxogos nun concerto sinfónico o día 23

S. P.
Publicado: 12/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concerto_nadal_musica_e_videoxogos_muvi.jpgVigo vai acoller o 23 de decembro un concerto que fai confluír nunha única cita cultural os ámbitos da música sinfónica contemporánea e o do lecer dixital. Virá da man da Orquestra Vigo 430 e o Museo do Videoxogo e celebrarase no Auditorio Mar de Vigo o venres 23 de decembro ás 20:00h.
En palabras do MUVI “trátase dun revolucionario concerto onde poderemos presenciar unha viaxe pola historia da música moi diferente á que estamos acostumados, xa que porá o foco na música que se empregou ao longo do século XX e parte do XXI no eido dos videoxogos, ofrecendo aos asistentes un espectáculo para todos os públicos de índole musical, cultural, sociolóxica pero tamén tecnolóxica e mesmo histórica”.
ov430_22-23_cartel_03-decembro-actualizado.jpgEn concreto, será unha oportunidade para desfrutar coa interpretación musical da Orquestra Sinfónica Vigo 430, dirixida por Isabel Rubio, que interpretará as composicións que Brais González Pérez creou a partires dos temas musicais máis destacados do mundo dos videoxogos, estruturados nunha ducia de bloques, tal e como recolle o proxecto deseñado por Erea Carbajales Molina, e tendo como convidado especial ao youtubeiro e gamer León Picarón, especializado en Sonic, e que xogará a diversos videoxogos, ó fío desta interesante proposta.
As entradas poden adquirirse a través da web Ticketrona.com e na web da Orquestra Vigo 430. Este proxecto conta co apoio da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, xestora do MUVI -o primeiro Museo aberto en España adicado á historia do videoxogo- que respalda e colabora na iniciativa, avalando coa súa experiencia e coñecementos a proposta da Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Amais, sinalar que o concerto poderá seguirse en streaming na web e no Facebook da Orquestra Vigo 430 e tamén a través da plataforma Tolemias.tv, onde ficarán ao dispor de todos aqueles que queiran volver velos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?