Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudos aeroespaciais da UVigo rompen coa fenda de xénero nas carreiras STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudos aeroespaciais da UVigo rompen coa fenda de xénero nas carreiras STEM

S. P.
Publicado: 13/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_mozas_xenero_aeroespacial2.jpgA Escola de Enxeñaría Aeronáutica do Campus de Ourense (UVigo) vén de facer balance da presenza de mulleres nas súas carreiras STEM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) e o primeiro que chama a atención é o claro distanciamento que acadan as súas cifras con respecto á media estatal. Así, mentres que en España a cifra de mozas que escollen estudar estas carreiras é de arredor dun 15%, no Grao en Enxeñaría Aeroespacial, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense, os números rozan a paridade. Este ano, ademais de repetir como un dos títulos con maior demanda e maior nota de acceso no Sistema Universitario de Galicia, conta cun 45% de mulleres en primeiro curso.
“Esta é unha cifra récord na traxectoria da nosa escola pero tamén é unha cifra extraordinariamente boa no contexto das carreiras STEM no que nos movemos. Realmente sorprendeunos gratamente”, sinala Nieves Lorenzo, secretaria do centro e responsable de Igualdade nel. Segundo lembra, a taxa de alumnas oscilou desde a posta en marcha da escola entre un 30% nos seus inicios e un 25% nos últimos anos. Sobre a excepcionalidade da case paridade acadada no alumnado que comezou este curso, sinala que “quizais sexa moi axiña para saber se se debe ao esforzo feito nos últimos anos para romper esta fenda de xénero pero si é certo que está habendo un esforzo importante por parte das institucións universitarias para atraer alumnas ás carreiras nas que teñen unha menor representación e tamén é certo que desde colexios e institutos reclaman esas iniciativas con forza”. Entre estas iniciativas apunta eXXperimenta en Feminino, nada nas facultades de ciencias e enxeñaría do Campus de Ourense, entre elas Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e centrada na promoción, reivindicación e posta en valor de referentes femininos no eido STEM.
Pola súa banda, Humberto Michinel, director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de Ourense, destaca a satisfacción do centro por acadar esta cifra e ter éxito na captación de alumnado excelente non só masculino senón tamén feminino. “É certo que nas carreiras denominadas STEM non é habitual ter paridade pero nós temos feito un grande esforzo neste senso”, poñendo en valor de xeito particular o “o excelente traballo” da profesora Nieves Lorenzo. Neste senso, destaca que iniciativas como eXXperimenta en Feminino “teñen sido moi importantes para ir incrementando paulatinamente a porcentaxe de alumnas que, se ben inicialmente non era baixa, foi medrando ata case o 50% actual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?