Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor da UVigo Celso Cancela dirixe a cátedra europea sobre a dixitalización da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor da UVigo Celso Cancela dirixe a cátedra europea sobre a dixitalización da UE

S. P.
Publicado: 13/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_celso_cancela2.jpgOs efectos da dixitalización tanto sobre os servizos públicos como sobre a propia soberanía das institucións comunitarias constitúen o eixo central da Cátedra Jean Monnet que a Comisión Europea concedeu ao profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Celso Cancela. Baixo o título de European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the digitalisation challenges (EICAUED), esta cátedra, segundo informou a UVigo, posibilitará “o desenvolvemento ao longo dos próximos tres anos tanto de traballos de investigación sobre as implicacións da dixitalización na actuación e políticas da UE, como a organización de actividades formativas e divulgativas”.
Neste caso, a proposta seleccionada pola Comisión Europea busca pór o foco na abordaxe de diferentes cuestións “relacionadas coa organización institucional nun contexto de transición á dixitalización”, afondando nos efectos destas transformacións e da propia estratexia dixital da UE nas propias institucións comunitarias, e nos servizos e políticas públicas,
Co-financiada pola Comisión Europea, busca promover “o diálogo e a interacción entre a esfera académica e a sociedade civil”, así como a “transferencia de coñecemento aplicable á esfera social e económica”.
Trátase da segunda Cátedra Jean Monnet outorgada a este docente da Área de Ciencia Política e da Administración, tras a que desenvolveu entre 2014 e 2017.
“Desde hai anos, a Unión Europea está impulsando a dixitalización e os estados están acollendo todas as iniciativas dunha maneira espectacular, asumíndoas rapidamente e facendo os seus respectivos plans para dixitalizar a economía”, sinala Cancela respecto do eixo temático desta cátedra, engadindo que tamén se vai pór o foco en cuestións como “a soberanía dixital”, e nos efectos esta pode ter en múltiples eidos, desde “temas de seguridade e defensa ata nas políticas industriais”. Neste punto, o docente pon o foco en que “a soberanía é un concepto central na ciencia política e na teoría do Estado” e que, no actual contexto, a chamada “soberanía dixital está comprometida pola dependencia tecnolóxica que ten Europa”.
As accións incluídas nesta cátedra, implican por unha banda un traballo de investigación, centrado en aspectos como os efectos da dixitalización nos servizos públicos, nas axencias ou na participación política, así como en “cuestións relacionadas coa Intelixencia Artificial vinculada coa Unión Europea e a ciencia política”. Por outra, están previstas tamén diferentes actividades formativas, que terán un “formato híbrido” e a organización de diferentes eventos abertos á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?