Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago e Javier Rocamora achegan as claves da publicidade nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago e Javier Rocamora achegan as claves da publicidade nas redes sociais

S. P.
Publicado: 15/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

publicidade_e_redes_sociais_camara_santiago.jpgA Cámara de Comercio de Santiago organiza este Nadal unha nova actividade formativa para mostrarnos como manexar as comunidades en liña e os buscadores co obxectivo de dar a coñecer a nosa empresa e os nosos produtos. O curso Publicidade en Redes Sociais e Google celebrarase entre o luns 19 de decembro e o venres 23 de decembro de 2022. Serán 20 horas de formación, en horario de 9.00 a 15.00 horas, impartidas en modalidade en liña polo experto e novas tecnoloxías e comunicación dixital Javier Rocamora. Ao remate entregaranse certificados acreditativos das competencias alcanzadas a tódolos participantes que asistan ao 80% da actividade formativa.
O programa incluirá entre outros os seguintes contidos: características diferenciadoras da publicidade online (segmentación, pagamento por resultado, información exacta do alcance, capacidade de modificación sobre a marcha), tipos de publicidade en liña (anuncios de texto, imaxes, vídeo, publicacións promocionadas, anuncios de shopping), tipos de campaña (tráfico, branding, campañas de produtos específicos), o custe da publicidade en liñas, como desenvolver unha estratexia de mercadotecnia ou a importancia dunha mensaxe diferenciadora, no texto e no visual. Tamén haberá marxe para mostrar exemplos de éxito publicitario en redes sociais de grandes e pequenas empresas, a publicidade en Google e nas redes sociais máis específicas ou exemplos de estratexias publicitarias de éxito. Igualmente, tocarase a cuestión dos influencers e das vantaxes e dos inconvenientes que pode carrexar contratalos.
Javier Rocamora
Formador con máis de 2.500 horas impartidas e consultor autónomo na área de estratexia empresarial e mercadotecnia en liña, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Axente digitalizador homologado por Red.es para as solucións do Kit Dixital. Consultor en mercadotecnia en liña e comercio electrónico. Forma parte do proxecto de coworking virtual www.as3enpunto.es. Desenvolveu proxectos en diversos sectores e posúe ademais unha dilatada traxectoria como relator en mesas redondas, ciclos de conferencias, encontros e congresos sobre marketing, estratexia en liña e redes sociais, conta igualmente cunha ampla experiencia como formador en programas destinados a empresarias e/o directivas no ámbito da estratexia e a mercadotecnia.
O curso está organizado pola Cámara de Santiago en colaboración co Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?