Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo logrou a inserción de 115 mozas e mozos con formación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo logrou a inserción de 115 mozas e mozos con formación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 16/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_reiniciate_actividades.jpgA Deputación de Lugo logrou a inserción laboral de 115 mozos e mozas da provincia grazas ao programa Reiníciate: enfoca o teu futuro, unha iniciativa que promove a institución provincial en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) que ten por obxectivo favorecer a empregabilidade das persoas mozas en profesións con alta demanda, como son as vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización, a través de formación gratuíta e prácticas remuneradas. Son aproximadamente o 25% das 463 persoas que participaron nas 26 accións formativas impartidas a día de hoxe.
Esta liña do Reiníciate, que comezou a primeiros de ano, contou con axudas dun importe total de 210.000€ para empresas e asociacións da provincia interesadas en contar con rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos en réxime de prácticas non laborais remuneradas.
Segundo informou a Deputación os días pasados, Enfoca o teu futuro xa contou con formacións teóricas e prácticas que sumaron un total de 159 horas. Impartíronse de maneira semipresencial, dando ao alumnado “un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo”, explicaron fontes da entidade provincial, engadindo que a formación estivo dirixida sobre todo, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á Administración Electrónica con contidos diversos como xestión de comunidades en liña e mercadotecnia dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.
Por outra banda, este pasado luns comezou unha nova edición da formación do Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, unha liña de formación e de asesoramento personalizado e gratuíto para axudar ás empresas a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio. En total, xa participaron 320 persoas neste programa.
Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, impulsado tamén pola Deputación e a EOI, inclúe un acompañamento real, individualizado e personalizado para cada unha das pemes que decidan beneficiarse desta iniciativa. A formación parte dende o punto no que estea cada negocio participante en materia dixital. En concreto, desenvólvense accións prácticas como a realización ou actualización da páxina web, a creación ou mellora das redes sociais, o posicionamento na Rede, a mercadotecnia dixital ou a implantación de programas de xestión ou facturación, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?