
Así o informou o alcalde desta cidade andaluza, Francisco Cuenca (PSOE), anunciando o inicio das accións xudiciais ante a designación da Coruña como sede da AESIA, accións apoiadas pola Administración local, a Universidade e as entidades empresariais de Granada. Segundo fan saber, a decisión de levar a AESIA á Coruña é “unha acción inxusta coa cidade andaluza”, que presentou unha candidatura que a xuízo dos impulsores destas accións xudiciais, era mellor e máis idónea cá da cidade galega.
Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou a súa intención de non entrar en discusións e anunciou que a súa actividade vaise limitar, neste sentido, a defender a opción herculina. “A Coruña non vai entrar en polémicas con outras cidade, aínda que é entendible que o que non fose elixido teña un sentimento de frustración”, sinalou, engadindo que “presentamos unha candidatura sólido e solvente e a comisión técnica elixiu esta candidatura por unanimidade e os criterios foron publicados no BOE con absoluta transparencia”. Rey salientou tamén o traballo do Goberno: agradecer tamén o labor do Gobierno: “Foi un proceso exemplar que permite que teñamos un Estado plural e descentralizado”.
Granada anuncia que recorrerá a decisión de levar a AESIA á Coruña
Compartir Este Artigo

