Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro impulsan o proxecto LAB Barbanza 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro impulsan o proxecto LAB Barbanza 2.0

S. P.
Publicado: 16/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lab_barbanza_boiro_2.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron este venres 16 de decembro un convenio de colaboración para impulsar o proxecto LAB Barbanza 2.0, iniciativa innovadora orientada a dinamizar o espazo de coworking boirense, integrado na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. A cita foi na sede provincial.
Segundo fixeron saber, este convenio enmárcase dentro da liña de axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espazos de traballo colaborativo (coworking) que “dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local do Plan de Emprego Local (PEL)”.
Grazas á dita sinatura, a Deputación destinará 60.000 euros a co-financiar o 80% do custo total do proxecto, que ascende a un total de 75.000 euros.
“A Deputación aposta pola creación de emprego e a retención do talento coa Rede de Coworking Provincial”, sinalou González Formoso, engadindo que se trata de “once centros, entre eles este de Boiro, que están permitindo que máis de 150 emprendedoras e emprendedores coruñeses poñan en marcha os seus proxectos e ideas de negocio sen ter que saír do seu territorio”.
Formoso explicou que o proxecto LAB Barbanza 2.0 incluirá a creación dunha oficina técnica especializada no apoio ao emprendemento, actividades de dinamización e captación de novos proxectos e unha aceleradora de proxectos estratéxicos para a comarca coa que se busca “fortalecer o ecosistema emprendedor de toda a comarca de Barbanza”.
Pola súa banda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, afirmou que “este proxecto para a dinamización do espazo de coworking completa o que xa se levou a cabo para facilitar a creación e implantación de novas empresas”. E engadiu: “Facemos unha aposta decidida polo emprego e o emprendemento, para crear postos de traballo e impulsar ao sector empresarial en Boiro”.
O centro LAB Barbanza de Boiro foi un dos primeiros da provincia en incorporarse á Rede Provincial de Coworking, que actualmente atópase integrada xa por 11 espazos de traballo colaborativo. Podemos atopar máis información sobre a Rede na súa páxina web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?