Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Monforte albergará o primeiro centro de ciberseguridade de Renfe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Monforte albergará o primeiro centro de ciberseguridade de Renfe

S. P.
Publicado: 16/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

monforte_renfe_ciberseguridade.jpgMonforte vai acoller o que sería o primeiro centro de ciberseguridade de Renfe. Así o deron a coñecer este venres 16, nunha estadía na localidade, a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, o presidente da empresa ferroviaria, Isaias Táboas, o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Segundo explicaron, o centro comezará a funcionar a finais do ano que está a piques de comezar.
O novo Centro de Competencias Dixitais (CCD) de Renfe estará centrado en achegar recursos vencellados a protección dixital das informacións, as comunicacións e as xestións en liña de Renfe, consideradas críticas pola relevancia que adquiren en materia de seguridade cidadá e de infraestruturas.
A empresa pública investirá case 1 millón de euros neste novo centro, que complementará o labor doutros centros loxísticos avanzados creados en Alcázar de San Xoán, Mérida, Miranda de Ebro, Linares e Teruel.
A iniciativa, impulsada por LogiRAIL, filial de Renfe, abéirase á Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico para a deslocalización de actividades destinada a loitar contra a España baleirada.
O centro de Monforte contará con 40 traballadores e terá como cometido detectar, analizar e corrixir incidentes e eivas de protección tecnolóxica empregando ferramentas avanzadas, moi baseadas na Internet das Cousas (IoT polas súas siglas en inglés).
Xestión decisiva do alcalde e presidente da Deputación
José Tomé, cuxo empreño foi decisivo para que Monforte acubillase este centro tecnolóxico, salientou a importancia desta inicaitiva “porque se somos ambiciosos e facemos as cousas ben, dos 40 postos de traballo que crearemos inicialmente a través del, poderemos alcanzar os 100 postos altamente cualificados”. Na súa intervención o alcalde tamén incidiu en que “Renfe tería un papel máis relevante se atopáramos a colaboración leal da Xunta de Galicia, co Concello e co Ministerio”, porque “se a Xunta puxera en marcha o Porto Seco de Monforte, con esta plataforma loxística, Renfe tería moitas máis posibilidades de negocio”. Finalmente, tanto a secretaria de Estado coma o presidente de Renfe, destacaron “o interese, o tesón e o empeño do alcalde de Monforte por levar adiante este proxecto, que hoxe é unha realidade e que situará á cidade como referencia da ciberseguridade deste tipo de servizos en España”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?