Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A oficina Acelera PEME da Cámara atendeu a máis de oitocentas persoas en 2022
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A oficina Acelera PEME da Cámara atendeu a máis de oitocentas persoas en 2022

S. P.
Publicado: 19/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ordenadores_computadores_camara_coruna-2.jpgA Cámara da Coruña enfiou a recta final de ano facendo balance da actividade da súa Oficina Acelera PEME, co-impulsada pola entidade cameral e a entidade público-empresarial Red.es. Segundo fai saber no seu reconto, o servizo atendeu a máis de 800 persoas en 2022 a través da súa área de asesoramento e acompañamento para a posta en marcha de procesos dixitais e impartir obradoiros formativos online. Amais, no transcurso de 2022 realizáronse vinte e dúas xornadas formativas que contaron con máis de seiscentos participantes. Por outra banda, atendeu de forma individual máis de duascentas consultas.
Os principais asuntos consultados das empresas atendidas están relacionados con financiamento e axudas para a dixitalización, especialmente no que ten que ver coas tres convocatorias de axudas do Programa Kit Dixital (Red.es), no que a Oficina Acelera PEME colabora activamente a nivel de información e difusión. Estratexia de dixitalización, mercadotecnia dixital e redes sociais son outras das temáticas máis consultadas e para as que máis solicitan asesoramento os profesionais atendidos.
A Cámara axudou tamén ás empresas a atopar as liñas de financiamento máis axeitadas para acelerar a implementación do seu Plan de Dixitalización.
A Oficina atende, de forma gratuíta e personalizada, a pequenas e medianas empresas, micropemes, autónomos e emprendedores da área interesadas en comezar ou en avanzar nos seus procesos de dixitalización, pero tamén axuda a pemes fornecedoras de tecnoloxía a introducir os seus produtos e solucións no mercado. Deste xeito, calquera persoa autónoma ou pequena empresa pode recibir unha orientación personalizada de profesionais cualificados sobre as súas necesidades que lle permita incorporar novos servizos dixitais á súa carteira.
Trátase dun servizo gratuíto. Os interesados en ampliar información poden acudir á Oficina Acelera PEME, situada na sede da Cámara da Coruña. Tamén poden contactar a través do 981 216 072 ou ben escribindo a oap@camaracoruna.com.
Próximos Webinarios
• Xoves, 12 de xaneiro de 2023: Como crear unha mensaxe online atractiva para o teu cliente.
• Xoves, 26 de xaneiro de 2023: Como utilizar ben o email márketing, e estratexias para captación de correos electrónicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?