Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME pecha o ano con cinco novos obradoiros en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME pecha o ano con cinco novos obradoiros en liña

S. P.
Publicado: 19/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-16-8.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do servizo provincial de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta as cinco últimas formacións do ano, antes da pausa do Nadal. Estas formacións, enmarcadas na carteira de obradoiros de SmartPEME, estarán impartidas de xeito online. Tratarán temas de estratexia SEO e SEM, de suplantación de identidades (phising), de redes sociais para establecementos turísticos, de uso de Google Data Studio e de creación dun Linktree con Canva.
Este luns 19 de decembro haberá dous obradoiros. Pola mañá, a temática versará sobre ciberseguridade co experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O obxectivo do obradoiro Ciberseguiridade, o phishing é dar a coñecer a ameaza da suplantación de identidades que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva.
Na quenda de tarde, a graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Laura Carrera explicará como traballar correctamente as estratexias de posicionamento e visualización (SEO e o SEM). No taller A prende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM ensinarase a buscar as palabras clave axeitadas para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posibles.
O martes 20 impartiranse outras dúas novas formacións. Pola mañá a graduada en Turismo, Patricia Cabaleiro, encargarase da formación Redes sociais para establecementos turísticos sobre as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes e como e cando se debe usar cada unha delas segundo o público obxectivo.
Pola tarde será a quenda da licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, que dirixirá un obradoiro para pemes e autónomos, Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio no que tratará de mostrar o uso de Google Data Studio, onde se poden unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google e outras plataformas e formatos externas para elaborar informes globais dunha empresa.
Finalmente o curso do mércores 21, Crea o teu Linktree con Canva, pechará o ciclo de obradoiros do 2022. Esta formación estará impartida por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Os Linktrees, avanza a formadora, son unha boa ferramenta para dar a coñecer moitos ámbitos dun negocio dixital e con Canva pódense personalizar seguindo a identidade de marca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?