Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra porá na Rede a memoria histórica da provincia coa axuda de familias e entidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra porá na Rede a memoria histórica da provincia coa axuda de familias e entidades

S. P.
Publicado: 19/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cae_de_caixon_rp-maria-ortega-1.jpgA Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha campaña para recompilar a memoria colectiva da cidadanía no Arquivo Provincial, aquela que quedou no anonimato no século XX silenciada pola ditadura. Trátase da iniciativa Cae de Caixón, un programa da área de Memoria Histórica da Deputación que busca captar, documentar e rexistrar fondos privados (imaxes, cartas e documentos …) que poidan ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado de 1936, o tempo inmediatamente anterior ao golpe, ou da ditadura. A información difundirase de maneira pública á sociedade e aos investigadores a través da web AtoPo da Deputación (buscador catálogo documental e bibliográfico).
Segundo explica a deputada de Memoria Histórica María Ortega, moitas familias e entidades teñen “alfaias de interese público que deben saír do caixón: a foto do avó que estivo preso cando era novo, ou da avoa na época en que foi rapada”. Para a familia, subliñou, “son só fotografías dunha persoa querida, pero para o resto da sociedade son parte da historia dun tempo que non podemos esquecer”.
O obxectivo da Deputación é facer que o Arquivo Provincial, subliñou a nacionalista, “se converta no grande lapis de memoria que recompile toda a memoria histórica que agora fica espallada nas casas e tamén nas institucións”, asegurou. Lembrou que xa hai colaboracións co Concello de Redondela, o de Pontevedra ou o Arquivo Provincial estatal “no rescate de material”.
A xefa do Arquivo Provincial (servizo de Patrimonio documental e bibliográfico) Ana Vicente, explicou que todas as familias e entidades que desexen achegar fotografías, documentos, cartas, ou diarios poden facelo con total confianza porque o material será tratado “con todo o respecto, dignidade, esmero e dedicación”.
O obxectivo da Deputación, dixo, é facer público o material e que se poida descargar a través de Atopo, pero sempre será decisión da persoa, familia ou institución que cede ata que punto se debe manter a privacidade. De feito, as persoas doantes deberán elixir se deixan o material só para ser consultado en sala por persoas investigadoras, se o deixan para que apareza en Atopo solicitando permisos concretos para usalo noutros ámbitos, ou se o ceden para a descarga libre.
Aclarou que o material sempre quedará en mans das persoas propietarias, xa que só o deben achegar polo tempo preciso (uns días) para que sexa dixitalizado. Logo, os orixinais devolveranse acompañados por un lapis de memoria (USB) con todos os fondos tamén en formato dixital.
As persoas interesadas neste proceso poden contactar co Arquivo Provincial, enviando un correo a memoriahistorica@depo.gal ou poñéndose en contacto persoalmente con este departamento ou coa área de fondos audiovisuais, onde tamén se lles informará de todo e se concertará cita para unha primeira reunión co equipo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?