Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: We Robots Academy e SOMA gañan a quinta edición do Premio Lingua e Empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

We Robots Academy e SOMA gañan a quinta edición do Premio Lingua e Empresa

S. P.
Publicado: 19/12/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_pampin_escarlata_gala_lingua_empresa6_0.jpgO auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este sábado 17 de decembro a gala de entrega da quinta edición dos Premios Lingua e Empresa organizados pola Concellaría de Normalización Lingüística. As empresas galardoadas foron We Robots Academy, de Bertamiráns, na categoría de uso consolidado da lingua galego, e SOMA Centro de Terapia Integral, do Milladoiro, na categoría de empresas que naceron nestes dous últimos anos ou que incorporaron a lingua galega na súa comunicación nese mesmo período. Recibiron un trofeo e un diploma, que se engade á dotación de 1.500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio cos que se premiaba a cada categoría.
A regueifeira Lupe Blanco e mais o regueifeiro Josinho da Teixeira conduciron e amenizaron a cita coas súas coplas improvisadas. Ao acto acudiron o alcalde, Blas García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e varios/as concelleiros/as da Corporación municipal. Ademais, de público xeral e dos membros do xurado, na gala estiveron representantes das 26 empresas participantes nesta edición, das empresas gañadoras e participantes en edicións anteriores, e das asociacións de empresarios e comerciantes de Ames que colaboraron activamente na difusión desta convocatoria.
ames_gala_lingua_empresa5_0.jpgO obxectivo da gala foi “poñer en valor o tecido empresarial local xunto coa lingua galega”. Ademais aproveitouse o acto para desvelar e entregar os premios deste ano e para recoñecer publicamente o labor das empresas participantes e das gañadoras noutras edicións. Os ditos galardóns teñen a finalidade de “promover o uso do galego na actividade económica do concello de Ames, concretamente no ámbito empresarial e comercial”. Este ano presentáronse ao certame un total de 26 empresas, unha cifra que triplica a participación da edición anterior.
Empresas gañadoras da quinta edición
Na categoría A, de uso consolidado da lingua, na que participaron empresas que realizan “un uso estable e continuado da lingua galega dende hai máis de dous anos”, a empresa escollida polo xurado foi a firma tecnolóxica We Robots Academy de Bertamiráns, polo “seu labor decidido e comprometido a prol da normalización lingüística no eido empresarial”. O xurado destacou que a actividade desta empresa vincula a lingua coas novas tecnoloxías e, particularmente, cun ámbito tan innovador e atractivo para o público infantil e mozo como é o da robótica, a programación ou a impresión 3D. Por este motivo, We Robots Academy pode ter “un impacto importante na normalización lingüística da infancia e da mocidade”, salientou o xurado, engadindo que “a aposta desta empresa sitúa a lingua galega como elemento de marca, na cerna do produto e da súa relación coa clientela”. Nesta categoría participaron un total de 15 empresas.
ames_we_robots_gala_lingua_empresa17.jpgNa categoría B, nova incorporación ou creación, participaron firmas que se crearon nos últimos dous anos ou que se incorporaron ao galego dentro dese mesmo período. A premiada foi SOMA Centro de Terapia Integral do Milladoiro, por “incorporar a lingua á súa actividade de maneira regular, coherente e implicada, apostando claramente polo galego tanto na comunicación coma no desenvolvemento dos servizos que ofrece a familias, a nenos e a nenas, a mocidade e a poboación adulta”. Nesta categoría concorreron 11 entidades.
Vicente Calvo Pazos, representante de We Robots Academy, agradeceu o premio e destacou que crearan a empresa con “moitas ganas e ilusión” e que desde o primeiro momento tiveron claro que “querían transmitir os coñecementos tecnolóxicos que imparten empregando como instrumento vehicular a lingua galega”.
Pola súa banda, Xisela Delgado Caseiro, representante de SOMA, Centro de Terapia Integral, agradeceu ao Concello a iniciativa, e indicou que eles apostaron “desde o primeiro día por usar o galego con normalidade e como marca de empresa”. Dedicoulle o premio a seus pais por seren eles quen lle inculcaron o amor pola lingua e a cultura galegas.
O xurado estivo formado por Adrián Cunha Veira, de Pixelin Photo, como representante das empresas gañadoras na pasada edición; Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en nome dos consumidores e consumidoras; e Rocío Loureiro, graduada en Lingua e Literatura Galega e especialista en Normalización Lingüística. A técnica municipal, Rosa Moreiras, actuou como secretaria en representación do Concello de Ames.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?