Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mostra sobre as mulleres que nos levaron á Lúa desemboca nun libro cunha ducia de biografías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mostra sobre as mulleres que nos levaron á Lúa desemboca nun libro cunha ducia de biografías

S. P.
Publicado: 21/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_lua3.jpgA mostra itinerante As mulleres que nos levaron á Lúa, impulsada o pasado curso académico (e aínda en activo) pola UVigo e a Deputación de Ourense co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, tivo continuidade e prolongación nun libro presentado esta semana no Pazo Provincial de Ourense: o volume Elas, leváronnos ao espazo.
Participaron as promotoras desta iniciativa, Nieves Lorenzo e Inés Álvarez, profesoras do Campus de Ourense; Encina Calvo, da Universidade de Santiago de Compostela, e a ilustradora do libro e da mostra Manuela Elizabeth Rodríguez MeliMolita, xunto á deputada provincial de Igualdade Luz Doporto.
A iniciativa, destacaron as súas promotoras, xorde no marco da aposta por “impulsar a presenza da muller no eido científico-tecnolóxico e coa confianza de que contribúa a espertar vocacións nestes ámbitos, ofrecendo referentes de ciencia femininos e incrementando a bibliografía en galego sobre mulleres relacionadas coa ciencia”.
Na súa intervención, Luz Doporto subliñou que a publicación complementa a citada exposición que, indicou, “está percorrendo toda Galicia”. Neste senso, Nieves Lorenzo apuntou que a mostra ata o de agora leva percorridos 41 centros educativos galegos, chegando a arredor de 12.000 rapazas e rapaces.
Esta publicación divulgativa, explican as súas promotoras, “amosa as biografías de 12 mulleres, nas que se recollen os principais logros daquelas que co seu coñecemento e traballo axudaron na exploración do espazo”. Así, nela están presentes matemáticas, químicas, enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos. Entre elas, e ampliando as mulleres recollidas na mostra, no libro inclúese á astrofísica galega Begoña Vila e cítanse dúas egresadas do Grao en Aeroespacial da UVigo, Sara Rodríguez e Ana Cambón, que traballan na Axencia Espacial Europea.
A edición deste libro foi posible grazas á axuda da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, da Deputación de Ourense, do Parque Tecnolóxico de Galicia e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e Espazo do Campus de Ourense, ademais de contar coa colaboración da Área de Normalización Lingüística e do proxecto eXXperimenta en Feminino. Coa idea de acadar un maior impacto, o libro editouse en formato electrónico e unha remesa en formato papel para enviar aos colexios da provincia de Ourense. Estará proximamente a dispor do público interesado para a súa descarga de balde na páxina web de eXXperimenta en Feminino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?