A entidade estatal Red.es concedeu 107.000 mil axudas do programa Kit Dixital en só 8 meses, o que equivale a máis de 660 millóns de euros do Plan de Recuperación, procedentes dos fondos Next Generation EU. A contía foi dar ás pequenas empresas, microempresas e persoas autónomas, co obxectivo de impulsar a dixitalización dos seus negocios. “Foi o programa de axudas máis demandado da historia de España”, explicou Red.es na súa nota de balance.
No reconto de fitos recórdase que en marzo de 2021 abriuse a primeira convocatoria de axudas do Programa Kit Dixital e as primeiras concesións chegaron tan só un mes despois da apertura de solicitudes. “Desde ese momento e ata o de agora”, sinálase no informe, “conseguíronse cifras históricas, con máis de 107.000 subvencións concedidas e máis de 670 millóns de euros repartidos entre as pequenas e medianas empresas para a súa dixitalización”.
Red.es lanzou tres convocatorias en 8 meses e actualmente conviven activas en paralelo permitindo que todas aquelas empresas de menos de 50 empregados e que cumpran cos requisitos esixidos, poidan solicitar a axuda.
Tres entregas
A primeira convocatoria está dirixida a empresas de entre 10 e menos de 50 empregados, a contía da axuda é de 12.000 € e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo de 2023. A segunda encamíñase a empresas de entre 3 e menos de 10 empregados, a contía da axuda é de 6.000€ e o prazo para solicitalo estará activo ata o 2 d setembro de 2023. Pola súa banda, a terceira convocatoria, cunha axuda de 2.000€ está enfocada a empresas de entre 0 e menos de 3 empregados e manterase aberta ata o 20 de outubro de 2023.
As empresas beneficiarias poderán empregar as axudas nun catálogo composto por ata 12 solucións: sitio web e presenza na Internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, ciberseguridade, e as dúas novas solucións de dixitalización que se engadiron coa modificación da orde de bases en xullo de 2022: presenza avanzada na internet e marketplace. Pódese consultar o catálogo na web de Acelera Peme.
Segundo unha enquisa de satisfacción elaborada por Red.es a unha mostra de 3.706 empresas, un 79% dos enquisados considera “útil” e “moi útil” a páxina web do programa. Esta mesma percepción téñena o 78% das empresas contactadas sobre o enchemento do formulario de solicitude. Un 71% considera que a información recibida durante o proceso de tramitación foi adecuada ou moi adecuada. O 77% puntúan como útil e moi útil o uso da plataforma para formalización de acordos.
As convocatorias de Kit Dixital foron as axudas máis demandadas da historia de España
Compartir Este Artigo

