Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A influencer Eva Porto e a Deputación da Coruña lanzan un novo reto de emprego en 30 días
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A influencer Eva Porto e a Deputación da Coruña lanzan un novo reto de emprego en 30 días

S. P.
Publicado: 26/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eva_porto_influencer.jpgA psicóloga especialista en recursos humanos Eva Porto, referente da dita materia nas redes sociais (onde conta con máis de 1,5 millóns de seareiros), vai liderar a vertente formativa dun programa co-impulsado pola Deputación da Coruña no que se convida ás persoas participantes a adestrarse laboral e profesionalmente durante un mes baixo o reto de atopar un posto de traballo en xaneiro. Trátase do proxecto Reto Empleo 30 días e vén da man da influencer coruñesa Eva Porto. Nas edicións de 2022 da iniciativa participaron máis de 30.000 persoas.
A Deputación da Coruña colabora co proxecto a través Plan de Emprego Local (PEL). Ten por obxectivo concreto “acadar que as persoas participantes consigan un emprego no tempo récord de 30 días a través da realización dunha serie de retos diarios”.
Durante os primeiros 30 días de xaneiro as persoas participantes recibirán no seu enderezo electrónico pequenos desafíos que lles servirán de guías para o seu proceso de procura de emprego. Neles afondarase en todos os aspectos esenciais para ter éxito na súa busca: currículo, entrevistas de traballo, rede social LinkedIn, portais de emprego, etc. Ademais contarase coa participación de empresas como Endesa, Michael Page, Accenture, JD Sport, Sprinter, Minsaint, entre outras, que irán publicando as súas vacantes a través dos distintos retos.
Na edición de 2023 do Reto Empleo 30 días tamén participarán outros influencers como María Speaks English, que impartirá un reto sobre entrevistas en inglés; Lawtips, que explicará o uso das redes sociais a nivel profesional; ou Un Tío Legal, que explicará os dereitos dos traballadores.
As inscricións son gratuítas e deben realizarse a través da páxina web de Eva Porto.
O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña continúa a apoiar as iniciativas de fomento do emprego e mellora da empregabilidade como medio para acadar unha maior cohesión social e de potenciar o desenvolvemento socioeconómico do territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?