Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Cámara da Coruña arrincará no inicio de 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Cámara da Coruña arrincará no inicio de 2023

S. P.
Publicado: 27/12/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_opti_coruna_padroado.jpgO Padroado da Fundación da Oficina de Promoción Tecnolóxico Industrial da Cámara da Coruña celebrou a semana pasada a súa segunda reunión operativa para avanzar nos próximos pasos que dará a entidade. Segundo comunicaron os integrantes do Padroado, o proceso de contratación do xerente da futura entidade está a pecharse e a reforma das instalacións que acollerán a oficina, situada na propia sede da Cámara, atópanse tamén a piques de finalizar. Tamén fixeron saber que a Oficina nace co “obxectivo de captar e atraer investimento tecnolóxico e industrial, principalmente no contexto da Industria 4.0”.
Así mesmo, as actuacións que se realicen estarán aliñadas coas políticas en materia de promoción industrial e atracción de investimentos existentes a nivel europeo, nacional, autonómico e local, tal e como se recolle no Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial elaborado pola entidade cameral. Este plan propón tres grandes obxectivos:
-Por unha banda, require mellorar os factores básicos de localización industrial, que implica completar a dotación de infraestruturas básicas, garantir a conectividade interna e externa, optimizar a coordinación institucional en materia de planificación do territorio e minimizar os trámites administrativos á implantación de novos proxectos industriais.
-Pretende unha mellora competitiva da industria local que garanta a súa supervivencia e localización na área metropolitana, o que pasa por adecuar a capacitación dos e das profesionais do sector aos novos requirimentos, fomentar a innovación, favorecer a diferenciación sectorial e a capacidade de achegar un maior valor engadido dentro das cadeas existentes, impulsar a internacionalización, intensificar a cooperación e adecuar a cultura empresarial.
-O terceiro gran obxectivo pasa por conseguir un maior grao de proactividade na atracción de investimentos industriais para a área.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?