Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Complétase o proxecto Nova TFE coa colocación de sensórica en nove consistorios de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Complétase o proxecto Nova TFE coa colocación de sensórica en nove consistorios de Ourense

S. P.
Publicado: 28/12/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_ourense_actividade_do_proxecto_nova_tfe.jpgXusto nesta recta final de ano completouse o proxecto tecnolóxico Nova TFE, co-impulsado dende unha manchea de entidades de Galicia e o norte de Portugal. Fixoo cunha serie de iniciativas promovidas pola Deputación de Ourense e co obxectivo de “dar resposta aos retos relacionados ca necesidade de creación de novas solucións industriais máis competitivas, ante a crecente competencia mundial”. Este proxecto está co-financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cun orzamento de 1.017.166,00 €.
O proxecto Nova TFE centrouse na investigación aplicada relacionada coa Internet das Cousas (poñendo o foco nas súas posibilidades para as cidades conectadas) e a fabricación avanzada. Participaropn o seu impulso a Deputación de Ourense, a Mancomunidade do Salnés, a Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo e a Cámara Municipal de Valença.
A Deputación de Ourense, como beneficiaria, levou a cabo unha serie de accións ao longo deste ano, rematando o proxecto coa colocación de sensórica en nove casas consistoriais da provincia: O Carballiño, Cartelle, Leiro, Muíños, Oímbra, Pereiro de Aguiar, A Rúa, A Teixeira e Xinzo de Limia. Esta sensórica, segundo informou a entidade provincial, consiste en distintos sensores que medirán variables como a presenza (control de acceso), temperatura e humidade, calidade do aire, contaminación acústica, consumo enerxético e tensión da rede, proporcionando unha serie de indicadores co obxectivo de optimizar e facer un uso eficiente dos recursos enerxéticos, xerando un menor impacto ambiental. Os datos recollidos intégranse co sistema instalado no Pazo Provincial da Deputación de Ourense e na Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo.
Ademais, dentro das actividades realizadas pola Deputación de Ourense, destacan tamén as seguintes:
-O Laboratorio de Experimentación e Prototipado TFE (que xorde convenio asinado entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo para crear dito laboratorio na Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) do Campus de Ourense) e que permitirá experimentar novas solucións e validalas, compartir experiencias e transmitir coñecemento e contará con equipamento básico FabLab para encarar retos vencellados á robótica e á factoría 4.0. O obxectivo desta iniciativa é “ofrecer tecnoloxías facilitadoras a alumnado, profesorado, pemes e emprendedores para o desenvolvemento real das súas ideas”. Conta, entre outros equipamentos, cunha impresora industrial de alta capacidade, unidades de estación de traballo que permiten principalmente procesar algoritmos de intelixencia, cámaras específicas de visión tanto industrial, como de planta ou varios kits educativos para simulación do que sería unha fábrica intelixente.
-Instalación no Pazo Provincial de distintos equipamentos para a medición de variables coa finalidade de ofrecer un laboratorio vivinte (Living Lab) con medidas de sensores e actuacións sobre diversos equipos, pensados para as propias pemes como lugares de validación e centros demostradores de cara a convencer a potenciais socios financeiros e clientes.
-Demo Days TFE, unha actividade ca que se pretendeu impulsar ou acelerar un proxecto empresarial, levando os emprendedores a cabo unha presentación das súas propostas, iniciativas ou avances da súa compañía ante un público de interese para eles, proveniente de diversos ámbitos. Acudiron medio centenar de persoas que foron testemuñas da exposición de proxectos por parte de 6 empresas de tan variados ámbitos como a aeronáutica, arqueoloxía, ou impresións 3D. Destacaron representantes do sector empresarial, así como da comunidade universitaria, xerando grandes sinerxias e colaboracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?