Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica pecha o ano con máis de 1.700 concellos con cobertura 5G de 700MHz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica pecha o ano con máis de 1.700 concellos con cobertura 5G de 700MHz

S. P.
Publicado: 28/12/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

5g_telefonica-2.jpgTelefónica remata o ano facendo balance da presenza da súa tecnoloxía 5G nos concellos da xeografía estatal, un total de 1.719 co dito estándar de telefonía móbil, o que supón, indica a operadora, unha cobertura superior ao 83% da poboación. No seu balance Telefónica salienta o incremento de nodos de 700 MHz instalados en 2022, un 300% máis con respecto a 2021, o que permitiu superar os 1700 municipios cubertos con esta banda do 5G no ano que finaliza.
“Dende que o Goberno autorizou en febreiro deste ano o aceso do 700 Mhz”, explicaron fontes da compañia, “activamos as estacións base 5G instaladas ao longo de 2021 e logramos superar as previsións de cobertura na tamén chamada banda baixa que permite dar cobertura extensa, penetración en interiores e universalizar algunhas das características das comunicacións 5G como é a baixa latencia”.
Amais, operadora destaca que a poxa da banda de 700 MHz en xullo de 2021 “supuxo un fito importante para impulsar o despregamento 5G en España”, na que Telefónica resultou adxudicataria de 1 bloque de 2×10 MHz por un importe total de 310,09 millóns de euros o que permitiu á empresa consolidar o seu liderado en conectividade ao unir o impulso da cobertura 5G coa súa rede de fibra en España.
Por outra banda, Telefónica completou recentemente o seu espectro 5G coa adquisición de 5 bloques de 200 MHz na banda de 2,6 Ghz por un importe total de 20 millóns de euros, sendo a maior adxudicataria no proceso de licitación. O espectro adquirido que se poderá despregar a partir de 2023 servirá, en palabras da compañía, “para ofrecer casos de uso que requiran altas velocidades e prestacións e menores latencias, que catalizarán o desenvolvemento de aplicacións innovadoras tanto na contorna industrial como dirixidas ao público en xeral que sitúen a España á vangarda da dixitalización”.
Como destaca Javier Gutiérrez, director de Estratexia e Desenvolvemento da Rede de Telefónica España: “2022 foi o ano no que demos un impulso moi importante ao despregamento do 5G tanto na banda de 700 MHz, onde cumprimos o fito de ter o 30% dos municipios de >20K habitantes perfectamente cubertos, como na banda de 3,5GHz na que tamén fixemos un gran esforzo que seguirá en 2023 xa que esta banda é fundamental para dar aos clientes altas prestacións 5G”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?