Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra, recoñecida polo Consello de Contas polo impulso á eAdmnistración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra, recoñecida polo Consello de Contas polo impulso á eAdmnistración

S. P.
Publicado: 02/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

administracion-electronica-3.jpgA Deputación de Pontevedra recibiu un recoñecemento do Consello de Contas polo seu traballo en materia de eAdministración (Administración Electrónica), impulsando no seu seo e nos concellos un novo xeito de establecer relacións coa cidadanía (máis áxil, transparente, cómoda, segura e eficiente). O recoñecemento consta no último informe do Consello sobre o grao de transformación tecnolóxica das entidades locais, análise na que se conclúe “que a Deputación de Pontevedra ostenta o liderado en Galicia no impulso á dixitalización dos concellos da provincia, dado que, ademais de prestar asistencia a tódolos municipios solicitantes, é a única deputación galega que fai informes periódicos de seguimento e que ostenta certificación de calidade”.
O Consello de Contas valora especialmente “que a pontevedresa é a única Administración provincial no seguimento do avance da dixitalización dos concellos”. Ademais, dispón de carta de servizos que recolle a declaración de compromisos de calidade na prestación aos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes (aínda que, de feito, se presta aos concellos de ata 50.000 habitantes).
Ademais, só a Deputación de Pontevedra cumpre todos os requisitos de calidade esixidos, polo que obtivo unha certificación de cumprimento da norma ISO.
Actualmente, 54 concellos dos 61 que compoñen a provincia tramitan expedientes electrónicos e están así en condicións de cumprir coas esixencias da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo. A Administración provincial avalía periodicamente os servizos prestados, por exemplo o soporte para mantemento ou a resolución de incidencias, e, ademais, abre aos concellos a posibilidade de propoñer melloras ou novas ferramentas. Tamén se ocupou da formación do persoal municipal de tódolos concellos adheridos, así como dos cargos políticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?