Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG salienta os desafíos que a intelixencia artificial supón para a protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG salienta os desafíos que a intelixencia artificial supón para a protección de datos

Redacción
Publicado: 17/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cpeig_fernando-suarez_atril.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co gallo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra o sábado, 28 de xaneiro, pon de manifesto o boom da Intelixencia Artificial (IA) e a súa imprescindible necesidade de recadar datos.
Segundo explica o CPEIG, a IA é unha disciplina do campo das ciencias da computación que se refire a sistemas ou máquinas que imitan a intelixencia humana para realizar tarefas e que poden mellorar interactivamente a partir da información que recompilan. “A IA consiste en intentar que os ordenadores pensen e actúen como os humanos” – explica de maneira sinxela o presidente do Colexio, Fernando Suárez, que apunta tamén que a IA non pretende substituír aos humanos senón que o seu obxectivo é mellorar de forma significativa as capacidades e contribucións humanas polo que é xa na actualidade un activo empresarial moi valioso.
Neste punto, o CPEIG sinala que a protección de datos e a IA formulan varios desafíos importantes:
– Privacidade: A miúdo a IA baséase en grandes cantidades de datos recompilados de persoas, o que presenta preocupacións sobre como se protexen eses datos e se respectan os dereitos de privacidade das persoas.
– Transparencia: É importante que as persoas comprendan como funciona a IA e como se toman decisións, especialmente cando se utiliza en aplicacións críticas como a saúde ou a seguridade.
– Bias (tipo de erro sistemático que pode favorecer certas respostas fronte a outras) e discriminación: A IA pode replicar os prexuízos existentes nos datos de adestramento, o que pode levar a decisións discriminatorias en aplicacións como o emprego ou a aprobación de crédito.. “O nesgo en intelixencia artificial xurdiu coa implementación deste tipo de tecnoloxía e, a pesar dos esforzos por eliminalos, parecen ser insuficiente” –indica Suárez–.
– Seguridade: A IA pode ser vulnerable a ataques, e os datos que se utilizan para adestrar e operar os sistemas de IA poden ser obxecto de ataques cibernéticos.
– Responsabilidade: É importante asegurarse de que as persoas ou entidades que desenvolven ou utilizan a IA asumen a responsabilidade das súas accións e decisións, e están preparadas para abordar os problemas éticos e legais que poidan xurdir.
Así, o presidente asegura que é importante ter en conta estes desafíos á hora de desenvolver e utilizar a IA de maneira responsable, e traballar para atopar solucións sólidas a estes problemas.

Necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

De maneira xenérica, o CPEIG ofrece tamén unha serie de ciberconsellos á sociedade para facer un uso seguro da tecnoloxía. Fernando Suárez, presidente do CPEIG, considera “de vital importancia” que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Estas recomendacións pretenden axudar a todos os usuarios a crear unha primeira e esencial barreira de protección fronte a ciberameazas, con consellos xerais sobre como evitar riscos cando se empregan as tecnoloxías:
· Non interaccionar con arquivos adxuntos procedentes de correos sospeitosos.
· Manter o sistema operativo actualizado (software, antivirus…) e non descargar aplicacións estrañas.
· Non conectarse a redes públicas e, no seu lugar, empregar unha rede privada virtual (VPN).
· Axustar a privacidade dos perfís en redes sociais.
· Ser cauto á hora de conectar dispositivos extraíbles a un equipo cando proveñen de terceiros.
· Avisar dos incidentes de seguridade.
· Saber que ata os smartphones apagados poden ser rastreados.
· Manter todos os plugins e extensións do navegador actualizados.
· Usar contrasinais complexas e únicas.
· Eliminar documentación sensible dos dispositivos mediante ferramentas de borrado seguro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?