Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As universidades galegas traballan nunha ferramenta para localizar desinformacións: Fakelocal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As universidades galegas traballan nunha ferramenta para localizar desinformacións: Fakelocal

S. P.
Publicado: 18/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fake_news_novas_falsas_desinformacion-2.jpgA aplicación Debatrue, impulsada por investigadores das nosas tres universidades co obxectivo de crear unha plataforma web de verificación de información orientada ao debate político, está a ter continuidade complementariedade no proxecto Fakelocal, coordinado dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, contando tamén coa participación da USC e da UDC.
Fakelocal (Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital) ten o obxectivo de identificar e clasificar os principais tópicos da desinformación e medir a súa incidencia na xestión das corporacións públicas.
Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto lideran esta investigación que integra unha vintena de figuras expertas de eidos diversos de traballo, entre as que se contan Paulo Carlos López, Alba Silva Rodríguez, Xosé López García e Isaac Maroto González, da USC, canda persoal investigador das universidades da Coruña, Sevilla e Málaga, e integrantes da Central European University de Viena, a Universitá degli Studi de Milán e da Universidade do Porto.
O proxecto desenvolverá unha cartografía de axentes e medios vencellados á desinformación a través da realización dunha enquisa a responsables dos gabinetes de comunicación das 17 comunidades autónomas, dos 52 gobernos provinciais e das 65 cidades recollidas no ámbito de aplicación da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local de 2003.
Amais, traballarase para identificar as principais crises nos gobernos autonómicos e municipais derivadas da difusión de noticias falsas e, tamén, acometeranse análises de contido con vistas a evidenciar as mensaxes máis compartidas e comentadas. Asemade, avaliarase o impacto e o alcance das principais desinformacións, poñendo o foco nas redes sociais e “coa idea de definir estratexias e recursos que axuden a reducilas”.
Fakelocal permitirá, a través do mapa xerado, recoñecer que medios e fontes son fiables, así como identificar as principais temáticas relacionadas coa xestión das corporacións locais e comunidades autónomas afectadas pola difusión de noticias falsas.
Como dixemos ao comezo, a investigación conecta con DebaTrue, investigación da UVigo que dá forma a unha aplicación en liña contra a desinformación no debate político, na que tamén colaboran a USC e a UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?