Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia adquire por 13,9 millóns de euros o computador cuántico máis potente de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia adquire por 13,9 millóns de euros o computador cuántico máis potente de España

Redacción
Publicado: 02/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230302_consello_da_xunta.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) contrata a Fujitsu por 13,9 millóns de euros un dos primeiros computadores cuánticos de Europa, que será o máis potente de España e que constituirá a principal infraestrutura do Polo de tecnoloxías cuánticas que está a impulsar o Goberno galego, co obxectivo de colocar Galicia á vangarda neste eido, apoiar o ecosistema innovador e atraer talento investigador, segundo informouse en convocatoria de prensa tras o Consello da Xunta.
A Xunta financia este investimento a través da Axencia Galega de Innovación dentro da súa aposta pola transición dixital do sistema produtivo e por contar coas mellores infraestruturas de investigación. O computador, que estará aberto á investigación e á innovación de todos os sectores académicos e empresariais, complementa o investimento do supercomputador Finisterrae III, ao cal se destinaron 7,5 millóns.
A adquisición do computador cuántico enmárcase dentro do Polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia, no cal xa están en execución investimentos por máis de 30 millóns de euros que xeraron máis dunha trintena de empregos, e co que se prevé un investimento total de 150 millóns de euros nos próximos anos.
A licitación, con fondos do programa React UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, foi aberta en xullo de 2022. A oferta presentada por Fujitsu inclúe, ademais do computador cuántico de 32 bits cuánticos baseado en tecnoloxía de supercondutores, diferentes infraestruturas complementarias e un plan de colaboración que facilitará o impulso do Polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia por medio da creación do Centro Internacional de Excelencia en Tecnoloxías Cuánticas en Galicia.
Así, Fujitsu colaborará coas universidades galegas na formación e retención de talento; desenvolverá plans de formación específicos para universidades e empresas, e elaborará proxectos de I+D conxuntamente con outras entidades galegas. A compañía activará, ademais, un programa de I+D en computación cuántica; impulsará bolsas formativas e desenvolverá casos de uso con empresas. Tamén se levará a cabo un proxecto de consultoría para identificar as industrias que máis se poden beneficiar desta tecnoloxía.
Así mesmo, Fujitsu organizará anualmente un evento internacional sobre tecnoloxías cuánticas en Galicia, e creará un mínimo de cinco novos postos de traballo directos.
As tecnoloxías cuánticas actuarán como o elemento tecnolóxico disruptivo que acelerará o desenvolvemento económico en practicamente todos os sectores, ao dar lugar a innumerables aplicacións e avances en medicina, ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións ou finanzas, entre outros. Estes avances, que terán un grande impacto na sociedade, están relacionados coa potencial capacidade e velocidade de procesamento dos ordenadores cuánticos, capaces de resolver problemas computacionais en moi pouco tempo en relación cos superordenadores clásicos.

Estratéxico para todos os sectores produtivos

Así, estas tecnoloxías emerxentes permitirán mellorar a seguridade na transmisión de datos; axudar a entender a estrutura e o comportamento de moléculas e materiais; resolver problemas de optimización como planificar mellores rutas, programar a produción e a asignación de recursos dunha fábrica; ou planificar a produción para a mellora da eficiencia enerxética, entre outros.
O novo computador cuántico, no marco do Polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia, permitirá posicionar o ecosistema galego de I+D+i na vangarda dunha tecnoloxía innovadora e de gran futuro, captar e reter talento, atraer proxectos de I+D avanzados cara a Galicia, captar máis financiamento nacional e internacional e crear novos nichos de mercado no ecosistema empresarial galego. Esta infraestrutura permitirá crear una comunidade investigadora arredor da computación cuántica que permita liderar avances nestas tecnoloxías, e ter unha vantaxe competitiva no futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?