Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unayta organiza, describe e dixitaliza o Arquivo Intermedio Militar de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unayta organiza, describe e dixitaliza o Arquivo Intermedio Militar de Ferrol

S. P.
Publicado: 07/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

arquivo_militar_intemedio_ferrol.jpgA empresa galega Unayta, consultora tecnolóxica especializada na dixitalización documental e na posta en marcha de oficinas sen papel, comenzou o ano compartindo importantes proxectos, como por exemplo o labor de organización e descrición que está a levar a cabo en 66 concellos da provincia de Valladolid ou os detalles do seu proxecto de ordenación documental e dixitalización no Arquivo Intermedio Militar de Ferrol. Este traballo na cidade departamental consistiu na organización e descrición dos expedientes persoais de substitución, e que actualmente está centrado nos últimos anos do servizo militar obrigatorio, os anos 2000 e 2001.
En palabras de Unayta, os traballos no arquivo ferrolán realizáronse “nunha contorna histórica de gran interese e pouco coñecido en xeral”, aínda que “nos últimos anos mudouse esta realidade grazas ás visitas guiadas que o Concello organiza na Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol”. Entre os achados nos que poñen o foco estas visitas atópase o Baluarte do Infante (unha parte do antigo recinto amurallado defensivo e os seus edificios con barracóns e oficinas, con orixe no último ¼ do S. XVIII), que é xermolo do Arquivo Intermedio Militar de Ferrol, que conta con 13 depósitos e alberga aproximadamente 57.000 unidades de instalación entre as que están os fondos propios das súas competencias, é dicir, os fondos administrativos, datados entre 1789 e 2009. Ademais, consérvanse as causas e procedementos correspondentes aos órganos da xustiza militar do Noroeste da Península pertencentes ao Tribunal Militar IV con sede na Coruña, “unha documentación de gran interese para investigadores, que se achegan ao propio Arquivo para consultar as diferentes causas”, explican dende Unayta, que traballou neste singular espazo cunha documentación constituída por expedientes persoais dos recrutas chamados a filas nos anos 2000 e 2001 e que son remitidos desde as distintas comunidades autónomas que forman a Rexión militar AM Noroeste (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa e Castela e León).
Durante o proxecto, os técnicos de Unayta revisaron cada expediente individualmente para expurgar a documentación e materiais que non son admitidos no arquivo de destino e separando aqueles expedientes que quedan no arquivo ferrolán, como son os de profesionais, e instalaron estes expedientes xa tratados en novas unidades segundo a súa orixe xeográfica (por provincias) e ordenados segundo criterios alfabéticos onomásticos, que se reflectirán así mesmo na base de datos de consulta onde figuran os datos necesarios para identificar cada un dos expedientes, así como a súa localización por unidade de instalación. Unha vez organizados, os expedientes son enviados ao Arquivo Xeral Militar de Guadalaxara onde se depositan definitivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?