Finalmente Elon Musk escoitou as queixas da BBC por ser etiquetada en Twitter como un medio de comunicación financiado polo Gboerno, asegurando que mudará a etiqueta para salientar que a BBC conta con financiamento público, o que non porían en dúbida a independencia informativa do medio. Iso comentouno nunha entrevista para BBC News, na que recoñece o molesto que está a resultarlle dirixir Twitter, o que define como «unha montaña rusa».
Musk recoñece na entrevista que pechou a compra de Twitter porque era consciente de que un xuíz ía forzalo a completar a adquisición, comentando tamén que pensa que a compra era o correcto.
Nas súas declaracións Musk admite que se disparou nun pé moitas veces cos seus chíos, comentando a xeito de broma que non debería chiar despois das 3 da madrugada.
Non faltaron comentarios de Musk que non parecen axustarse en absoluto á realidade, como cando asegura que a meirande parte dos anunciantes volveron a Twitter (afirmación que non comparten as axencias publicitarias), que resultoulle difícil facer despedimentos masivos (pese a que chegou a humillar publicamente aos traballadores despedidos) ou que están a funcionar ben as medidas da plataforma contra a desinformación ou os bots (cando hai numerosos informes que non só din o contrario, senón que reclaman medidas contra o desleixo actual de Twitter).
En definitiva, que pouca información fiable e útil puido sacarse da entrevista de Musk para a BBC máis aló de que o empresario quixo limar asperezas co medio británico tras a súa metedura de zoca que poñía en dúbida a credibilidade da BBC.
Musk congráciase coa BBC cunha entrevista
Compartir Este Artigo
