Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal presenta unha caixa de ferramentas para xornalistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal presenta unha caixa de ferramentas para xornalistas

Redacción
Publicado: 14/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

puntogal_caixa_ferramentas_xornalistas.jpgPuntoGal e a Global Cyber Alliance presentaron esta tarde na sede do Colexio de Xornalistas unha versión en galego da caixa de ferramentas pensada para a protección dos datos dos colexiados, pero que está ao dispor de calquera usuario interesado. Este é o segundo que se presenta na súa versión en galego, despois dun específica para pemes que se publicou o pasado outono.
O portal da caixa de ferramentas é unha versión adaptada do ToolKit que publicou a Global Cyber Alliance, no que se compilan utilidades que se poden usar de balde e que garanten a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos tanto nas actividades profesionais coma no tempo de lecer e as comunicacións privadas dos xornalistas.

Contidos
  • Un dominio seguro
  • Obradoiros cos xornalistas

Un dominio seguro

O presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou que «este portal da caixa de ferramentas, xa o segundo que publicamos en coordinación coa GCA, permite aos profesionais do xornalismo dar un primeiro paso no diagnóstico e prevención de posibles problemas de seguridade». González comentou, finalmente, que «estas actividades inscríbense no esforzo do dominio para se constituír coma un espazo seguro para todos o seus usuarios, do que tamén forma parte a protección a través da plataforma Domain Trust, un proxecto promovido pola GCA para facilitar o intercambio de información sobre dominios maliciosos, unha das infraestruturas esenciais usadas pola ciberdelincuencia».
Pola súa banda, Valeria Pereiras, da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas comentou «a facilidade de uso das ferramentas e o xeito de que sexan de balde e multiplataforma vai facer o seu uso máis doado e animar aos profesionais a manter os seus equipos e as súas redes seguras». Neste sentido, recordou que «moitos xornalistas teletraballan, manteñen os seus equipos e non contan co apoio de departamentos de sistemas que se preocupen pola seguridade» e que as ferramentas como as que hoxe presenta PuntoGal «cobren unha eiva que moitos xornalistas sentimos no coidado dos noso instrumentos de traballo, cada día máis complexos e expostos». Tamén salientou que o colexio profesional está en conversas coa GCA para a posta en marcha de webinars e outras colaboración entre as dúas entidades.

Obradoiros cos xornalistas

puntogal_caixa_ferramentas_xornalistas2.jpgMarina Calvo, da Global Cyber Alliance, comentou que «Galicia está volcada coa ciberseguridade. A estratexia ata 2030 ten obxectivos moi claros en canto á promoción dun espazo global, aberto, fiable e seguro para toda a cidadanía. Desde a Global Cyber Alliance e en colaboración cos nosos socios podemos axudar a cantos estades a constriur o seu futuro. Sentímonos moi orgullosos de seguir contribuindo xuntos no avance da Galicia dixital». Citando a Brian Cute, director do programa C&R da Global Cyber Alliance, tamén dixo: «Como continuación á posta en marcha do portal da caixa de ferramentas para xornalistas, celebraremos un obradoiro de traballo para presentala en profundidade e identificar cuestións de ciberseguridade relevantes para eles: por exemplo, a importancia de usar ferramentas online, comprensión de conceptos de ciberseguridade básicos, principais ciberamenazas para os xornalistas, recomendacións e boas prácticas, así como o uso de ferramentas e recursos de ciberseguridade».
Edita de Lorenzo, Vicepresidenta da Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, salientou «o compromiso dos profesionais das telecomunicacións coa seguridade das mesmas, tendo en conta a importancia dos datos que cada día movemos nas redes e a protección que requiren». Tamén comentou que «aínda que moitos sectores teñen conta da seguridade lóxica dos sistemas, moitas veces esquecemos a parte física das redes e a súa xestión, na que se ocupan moitos profesionas da enxeñaría de telecomunicación integrados na AETG».
Gustavo Herva, de AMTEGA, pola súa parte, destacou que «en Galicia, segundo reflexa o último Balance de Cibercriminalidade de 2022, o 20% do total de infracción foron estafas a través de medios telemáticos. Esta cifra, de case 19.000 estafas telemáticas, acolle só aquelas que se coñecen pero, lamentablemente, augúrase que se producisen moitas máis». Tamén destacou que «temos que seguir traballando para impulsar a colaboración público-privada e intensificar accións encamiñadas a fortalecer a ciberseguridade en Galicia e a mellora das competencias no uso da tecnoloxía».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?