As principais plataformas sociais teñen mecanismos para evitar os discursos de odio, o que grupos de extrema dereita nos EE.UU. consideraron como unha limitación da súa liberdade de expresión, de aí que nacese a plataforma social Parler, que xogou un rol moi importante para a mobilización e organización dos participantes no asalto ao Capitolio dos EE.UU., o que provocou a súa expulsión das tendas de aplicacións ata que se comprometeron a adoptar mecanismos de moderación.
A plataforma que pretendía ser pioneira na liberdade de expresión imposible de cancelar atopouse coa dificultade de facer sustentable un clon de Twitter para un público conservador, de aí que tras cambiar de propietario Parler adoptouse a medida que parecía máis razoable: botar o peche.
Anteriormente o cantante Kanye West quixo facerse con Parler, pero cando os seus comentarios antisemitas levaron ao seu bloqueo en Twitter e Instagram, e chegase incluso a expresar a súa admiración cara a Adolf Hitler no programa de Alex Jones, era inevitable a perda de patrocinadores do artista, o que podería ser o principal motivo de que o acordo de compra de Parler quedase en nada, quedando manchada a plataforma pola mala imaxe de Ye.
Parler cesa as súas actividades
Compartir Este Artigo
