As revistas de informática xogaron un rol moi importante na popularización da informática doméstica, especialmente nos anos previos á chegada da Internet aos fogares, pero estas publicacións están case totalmente desaparecidas do mercado, e ao igual que en España hai bastante que dixemos adeus a revistas como PC Actual e PC World (quedando aínda viva a publicación menor Computer Hoy), nos EE.UU. están a despedirse das revistas de informática este mes de abril, xa que é cando se publican os derradeiros números en papel de Maximum PC e MacLife.
As publicacións que din adeus naceron en 1996 como Boot e MacAddict respectivamente, e aínda que nos EE.UU. PC World xa pechou en 2008 e Macworld en 2014, o feito de que Maximum PC e MacLife chegasen incluso a sobrevivir a crise provocada pola COVID-19 demostraría que este medio tiña máis pulo do que podería pensarse hai 15 anos, pero tamén que o salto ao dixital é inevitable para as publicacións máis tecnolóxicas.
Cesa a publicación en papel das derradeiras revistas sobre informática dos EE.UU.
Compartir Este Artigo
