O servizo de banda larga por satélite de SpaceX, Starlink, segue a mellorar as súas tarifas, quedando bastante lonxe dos 108 euros/mes e 699 euros iniciais que chegou a custar o servizo, para ter agora un prezo de subscrición de 65 euros/mes (ao que hai que sumar 9 euros de tarifa regulatora) e 300 euros polo equipamento (sendo posible optar por alugalo por 15 euros/mes, ao que habería que engadir 50 euros pola activación desta modalidade).
Temos así que contar cunha velocidade de acceso á Rede de aproximadamente 100 Mbps ten un prezo mensual de 74 euros, opción máis que interesante para localizacións nas que non chega a banda larga nin fixa nin móbil. Cómpre lembrar que a solución de Starlink é moi superior ás solucións de conectividade por satélite convencionais, xa que a flota de satélites de Starlink está a baixa altura, de xeito que a latencia das comunicacións é bastante reducida, ofrecendo unha experiencia semellante á de conexións fixas.
Starlink reduce os seus prezos
Compartir Este Artigo
