Microsoft vén de actualizar a información sobre as actualizacións de Windows 10 e o seu ciclo de vida, lembrando que este sistema operativo nacido en 2015 retirará o seu soporte técnico oficial o 14 de outubro de 2025, e a versión 22H2 lanzada o 18 de outubro de 2022 será a derradeira que reciba, ou sexa, que non teremos unha grande actualización en 2023, aínda que si haberá actualizacións de seguridade durante os vindeiros anos.
Temos así que os usuarios que aínda estean a empregar Windows 10 deberían prepararse para actualizar a Windows 11, xa que manterse nun sistema operativo desfasado supón quedar fóra das novidades que vaian chegando nos vindeiros anos e, unha vez superado o ano 2025 podería converterse en todo un problema de seguridade.
Windows 10 non recibirá novas versións
Compartir Este Artigo
