Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O nodo de intelixencia artificial crea áreas de traballo específicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O nodo de intelixencia artificial crea áreas de traballo específicas

Redacción
Publicado: 15/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230514_nodo_ia_01.jpgA Comisión de Seguimento do nodo de intelixencia artificial de Galicia (nodo galicIA) reuniuse esta semana en Santiago de Compostela e acordou un modelo operativo baseado en capítulos sectoriais e capítulos transversais. Entre os obxectivos deste modelo atópase o de coordinar esforzos para optimizar os recursos dispoñibles e lograr un maior alcance das accións desenvolvidas sobre intelixencia artificial na nosa comunidade. Ademais, centralizarán o coñecemento, fomentarán a colaboración público-privada e facilitarán a planificación.
Cada un dos capítulos disporá da súa propia comisión de seguimento. En concreto, nesta reunión foi aprobada a creación dos capítulos sectoriais de sanidade e competitividade e innovación. Tamén foi acordada a creación dun capítulo transversal sobre ética e normativa que será coordinado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Os responsables do nodo acordaron tamén a creación dun comité de expertos que asesorará á Xunta para un desenvolvemento ético e fiable desta tecnoloxía.
Este órgano, que se encarga de velar polo cumprimento da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial (EGIA), foi o encargado de preparar a candidatura de Galicia para acoller a sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).

Contidos
  • Comité de expertos
  • Guías, manuais e códigos de conducta

Comité de expertos

20230514_nodo_ia_02.jpgO Comité de expertos asesores de IA estará formado por profesionais de prestixio internacional recoñecido nos ámbitos da economía, a filosofía e evolución humana, a socioloxía, a tecnoloxía aplicada e o dereito.
A súa función será a de asesorar, informar e formular recomendacións á Xunta de Galicia a través da incorporación do coñecemento, as boas prácticas identificadas e unha visión integral cara a deseñar accións en materia de IA. En concreto e, entre outras, a elaboración de recomendacións para proporcionar asesoramento sobre a aplicación ética no desenvolvemento e emprego da IA con respaldo da normativa europea; o asesoramento para o impulso de accións formativas e de concienciación; o asesoramento para o deseño dunha folla de ruta para a potenciación das competencias STEM vencelladas á IA; ou o asesoramento en materia de avaliación do impacto da IA nos sectores produtivos, a Administración pública e a sociedade.

Guías, manuais e códigos de conducta

O Comité de Expertos formará parte, xunto cos integrantes do nodo, do capítulo transversal sobre ética e normativa. Entre os obxectivos deste capítulo atópase o de velar pola preservación da privacidade dos datos, a explicabilidade do funcionamento dos sistemas de IA e a neutralización de prexuízos. Este grupo encargarase da supervisión de guías e manuais de boas prácticas por sectores; o marco ético para o desenvolvemento da IA nas Administracións públicas de Galicia e os códigos de conducta e guías de adopción da IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?