Este mes de xuño a cidade de Vigo será a sede das VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC), que se celebran do 21 ao 23 de xuño, un evento organizado este ano desde o centro atlanTTic e Gradiant, no que colabora o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). As actividades desenvolveranse na Sede Afundación. As Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade son un congreso científico que serve de punto de encontro onde os diversos actores que traballan no eido da investigación en ciberseguridade (universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, empresas, e administración pública) intercambian coñecemento e experiencias co obxectivo de potenciar a investigación no campo da ciberseguridade a nivel nacional.
As xornadas contan co apoio do CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña), AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Ciber.gal, Seresco, Plexus, Cátedra R en Ciberseguridad, RENIC, Optare Solutions e Viewnext.
Nas xornadas mostraranse os últimos avances científicos en ciberseguridade e servirán de foro de debate no que presentarán perspectivas e enfoques innovadores na materia. A finalidade é promover o contacto e intercambio de ideas entre a rede académica e de investigación, por unha banda, e profesionais e empresas, por outra.
As xornadas organizaranse en tres eixos: Investigación, Transferencia e Formación en Ciberseguridade. Nesta edición os artigos científicos orixinais enviaranse a publicación en IEEEXplore e as versións estendidas dos artigos de máis calidade enviaranse a un número especial da revista Wireless Networks (WINET) (Q2).
atlanTTic e Gradiant organizan en Vigo as xornadas nacionais de ciberseguridade JNIC
Compartir Este Artigo

