Mentres que para ampliar o almacenamento interno dunha PlayStation 5 é preciso abrir a consola e instalar unha unidade SSD de certas características no seu interior, dende Microsoft quixeron que o proceso para facer tal nas Xbox Series X|S fose máis sinxelo, polo que as consolas contan un porto de expansión no que pode instalarse unha tarxeta de almacenamento de alta velocidade, que ata o momento tiña como grande fabricante a Seagate, compañía que comercializa unidades en tamaños de 512 GB, 1 TB e 2 TB, a uns prezos bastante elevados, de aí que sexan moi benvida a chegada da competencia da man de Western Digital.
Agora podemos facernos cunha tarxeta de expansión d WD_Black C50 de 500 GB ou de 1 TB a un prezo de 99,99 euros e 149,99 euros, cando actualmente en MediaMarkt podemos atopar os modelos equivalentes de Seagate a 175 e 199 euros respectivamente, ou sexa, que agora hai unha guerra de prezos que pode resultar moi beneficiosa para os consumidores.
Se ben a opción escollida por Sony resulta bastante máis económica, xa que o mercado das unidades SSD normalizou os seus prezos (tras uns anos bastante revoltos), non faltará quen prefira unha opción tan doada como a de Xbox (simplemente pinchar a tarxeta na consola), principalmente porque é de esperar que os xogadores de consola non teñan que realizar intervencións no seu hardware do mesmo xeito que sería de esperar en xogadores de PC.
Western Digital estrea tarxetas de expansión para Xbox Series X|S
Compartir Este Artigo

