Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo inviste 5,5 millóns en programas de transformación tecnolóxica nas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo inviste 5,5 millóns en programas de transformación tecnolóxica nas empresas

S. P.
Publicado: 13/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cel_deputacion_lugo_goberno_111023_presentacion_proxecto_dixital.jpgEsta semana presentáronse en Lugo novas estratexias para fomentar a transformación tecnolóxica das pequenas e medianas empresas na provincia: as estratexias do programa de formación Xeración Dixital Pemes. No acto, de cuxas liñas xenéricas dimos conta en Código Cero, fíxose saber o programa está a ser xestionado e impulsado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), e que conta co financiamento do Goberno de España.
Na cita, que tivo lugar no salón de actos da CEL, participou o presidente da Deputación, Tomé Roca, que destacou o valor da dixitalización para a competitividade empresarial da provincia e subliñou, nese sentido, “que a institución provincial inviste uns 5,5M€ en diferentes programas para mellorar nesta competencia, tanto dirixidos ao empresariado, como ás administracións locais”.
Na presentación tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o secretario xeral da CEL, Jaime López; e o presidente da escola de negocio de CESUGA, Venancio Salcines.
No seu transcurso, o presidente provincial lembrou que o ano pasado a Deputación de Lugo desenvolveu o programa Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, en colaboración coa Escola de Organización Industrial, que depende do Ministerio de Industria, “a través do que ofrecemos asesoramento gratuíto a unhas 500 pequenas e medianas empresas da provincia en materia de dixitalización”.
Engadiu que, dende principios deste ano 2023, “estamos desenvolvendo, tamén co apoio do Goberno do Estado, o programa Acelera PEME, grazas ao que xa asesorou a máis de 1.200 empresas e autónomos para mellorar o seu negocio con ferramentas dixitais” e, paralelamente, a institución provincial fomenta a dixitalización dos concellos da provincia con fondos europeos transferidos polo Ministerio de Política Territorial. E engadiu: “É unha satisfacción ver como xorden novas iniciativas que reforzan e amplían todo este traballo, co respaldo do Goberno do Estado, e da man do propio tecido produtivo, representado pola Confederación de Empresarios de Lugo, e de CESUGA”. Iniciativas que, segundo apuntou, “contribúen de maneira moi importante a fortalecer e a diversificar o tecido empresarial da provincia, a gañar competitividade e produtividade, e a abrir novos mercados. Polo tanto, a xerar máis riqueza e emprego”.
“Competir nos mercados globais esixe ás empresas unha actualización permanente das súas competencias dixitais, un proceso que resulta máis complexo para as pequenas e medianas empresas. Por iso, hai unha parte moi importante dos fondos europeos dedicados a este obxectivo”, destacou o presidente, que puxo o acento en que para ser efectivos “non abonda con que os fondos europeos cheguen”, senón que “deben xestionarse con transparencia e con dilixencia, garantindo que chegan aos sectores que o precisan e que serven aos obxectivos para os que foron creados”.
“As empresas e autónomos da provincia saben que sempre contan coa man tendida da Deputación”, recalcou o presidente, quen sinalou que a institución provincial –que achega á CEL 40.000€ este ano- seguirá apostando “sempre pola modernización do noso tecido produtivo e por todas as accións formativas que melloren a competitividade das empresas, porque iso favorece o desenvolvemento social e económico da provincia, o obxectivo prioritario que temos marcado na Deputación de Lugo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?