Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A divulgadora científica Tamara Pazos, segunda convidada do programa #CódigoAna
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A divulgadora científica Tamara Pazos, segunda convidada do programa #CódigoAna

S. P.
Publicado: 16/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

codigo_ana_tamara_pazos.jpgO programa #CódigoAna, o espazo de comunicación da coordinadora nacional do BNG, Ana Pontón, terá á divulgadora científica Tamara Pazos como a súa segunda convidada, logo do faladoiro con Pili Pampín (primeira entrega). O programa poderá verse ao completo este venres 20 de outubro ás 20.00 horas. Tamara Pazos é unha comunicadora coruñesa, podcaster e escritora, máis coñecida nas redes como @Putamen_T, que axuda á comunidade internauta, día a día, a tomar decisións para mellorar a saúde e a calidade de vida.
Nesta segunda entrega de #CódigoAna, Pontón e Pazos abordan cuestións como a educación pública, a situación da ciencia e o papel da muller no ámbito científico, o xeito no que nos afecta a nosa presenza en contornas dixitais, a dopamina (que é capaz de producir en nós o algoritmo das redes sociais), a aplicación da ética e da filosofía na ciencia ou como se pode utilizar a divulgación para que o benestar da cidadanía sexa cada vez maior.
#CódigoAna é un espazo d conversas onde a líder do BNG quere ir máis aló do marco estritamente político e mostrar a súa faceta máis humana e persoal a través de charlas con referentes do mundo da cultura, da ciencia, da economía, do audiovisual, do feminismo e de calquera ámbito que hoxe preocupe á sociedade galega.
Tanto os avances deste primeiro programa como a súa posterior versión íntegra poderán verse a través das redes sociais de #CódigoAna nas canles de Facebook, Instagran, X (antiga Twitter) e Youtube, e será emitido coa regularidade que permite a axenda política da líder do BNG.

Adianto do segundo capítulo

Tamara Pazos, biografía

Tamara Pazos Cordal (A Coruña, 1992) é bióloga cun mestrado en neurociencia e especialista no comportamento humano. Declárase “unha orgullosa coruñesa formada enteiramente nas institucións públicas, desde primaria ata o doutoramento”.
Actualmente investiga na súa tese doutoral como utilizar a divulgación científica como prevención de riscos para a saúde. A través de talleres, e da súa conta de Instagram (@Putamen_T, que fai referencia a unha parte do cerebro), intenta descifrarnos como funciona o cerebro no seu conxunto.
Tamén é a artífice do podcast Un humano por persona e a autora dos libros La ciencia aprieta pero no ahoga e Este libro te hará vivir más (o por lo menos mejor), unha revisión da literatura científica sobre o sono ou a alimentación adaptada para todos os públicos. Unha das súas últimas aventuras profesionais é colaborar no programa Saber vivir, de TVE, falando de hábitos, saúde e ciencia.
Nas súas propias palabras, a súa ambición é “compartir todas aquelas curiosidades que a axudan a tomar mellores decisións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?