Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avy: Fábulas da Noite é o xogo con máis candidaturas nos Premios iokool PlayStation Talents
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Avy: Fábulas da Noite é o xogo con máis candidaturas nos Premios iokool PlayStation Talents

S. P.
Publicado: 30/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O equipo de Games Pond: Alicia Puentes, Mónica García, Sergio García e Juan García
O equipo de Games Pond: Alicia Puentes, Mónica García, Sergio García e Juan García
Games Pond, estudio ferrolán de videoxogos independentes, vai rematar o ano cun importante recoñecemento ao seu labor: o seu videoxogo Avy: Fábulas da Noite resultou ter máis candidaturas nos Premios Iokool PlayStation Talents. O proxecto coróase como o máis distinguido desta fase previa á resolución do certame, aparecendo en 4 das 9 categorías: Mellor Historia Orixinal, Mellor Arte, Mellor Xogo para a Prensa e Mención Especial ao Compromiso PlayStation.
O estudio ferrolán está composto por Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García.
Estes premios, organizados por PlayStation España, condecoran os mellores proxectos creados por estudios independentes de todo o territorio nacional.
fb084065925b28951ec74e43e4515d41.jpgDurante a gala (programada para o 12 de decembro), desvelaranse os candidatos ao Mellor Xogo do Ano, categoría na que o estudio ferrolán Games Pond espera competir. Obter ese premio supoñería un total de 10.000 euros para seguir traballando no seu videoxogo, así como kits de desenvolvemento e un asesoramento profesional en diversas áreas, explica o equipo de Games Pond, engadindo que “agora mesmo temos avanzado un nivel e medio do xogo. Estamos buscando financiamento para continuar traballando nel, polo que esperamos que estas candidaturas nos axuden a conseguilo”, destaca a ferrolá Alicia Puentes, unha das artistas encargadas dos gráficos de Avy: Fábulas da Noite. De momento, Avy atópase, como dixemos, seleccionada nas categorías de Mellor Historia Orixinal, Mellor Arte, Mellor Xogo para a Prensa e Mención especial ao Compromiso Play Station.
O equipo, formado por ex-alumnos e ex-alumnas do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña, xa foi galardoado no Indie Dev Day de Barcelona, especializado en videoxogos creados por estudios independentes e tamén en feiras e eventos do panorama gamer galego como Lérez Up e Videoxogando.

Avy: Fábulas da noite

games_pond_captura.jpg Avy: Fábulas da noite é un videoxogo de aventuras no que Avy, a nena protagonista, viaxa por unha illa onírica habitada por xoguetes. Un aparente xogo inocente pero que a medida que avanza asoma unha escura trama: os doces personaxes do inicio converteranse nos medos da nena e Avy terá que loitar contra eles en batallas dialécticas para poder volver a casa. O videoxogo tamén combina elementos dos xogos de plataforma 3D e de crebacabezas e xa pódese engadir á nosa lista de desexos en Steam.


Tráiler do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?