Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 4ª edición do Galicia Sportech Congress celébrase en abril con máis de 50 relatores de primeiro nivel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 4ª edición do Galicia Sportech Congress celébrase en abril con máis de 50 relatores de primeiro nivel

S. P.
Publicado: 01/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_sportech_congress_2023_1_.jpgOs vindeiros 8, 9 e 10 de abril volve a Pontevedra o Galicia Sportech Congress, un evento que pon o foco na confluencia entre deporte, transformación dixital e innovación, e que conecta a industria sportech do noroeste de España. Participarán máis de 50 relatores de primeiro nivel. Celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra.
Trátase da cuarta edición dun congreso que en palabras da organización constitúe “unha oportunidade única para dar a coñecer as tendencias neste sector deportivo e adquirir coñecemento, contactos e solucións tanto para organizacións, emprendedores e o público xeneral”.
O congreso vén da man de Diesemm, HubIN e o Concello de Pontevedra, que sinalan que o obxectivo é “dar unha visión xeral sobre a transformación que sofre a industria do deporte, en todas as súas facetas: management, performance e fan engagement.
galicia_sportech_congress_2023_5_.jpg Entre os días 8, 9 e 10 de abril sucederanse mesas redondas, obradoiros, mostras, exposicións e presentacións na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), “onde viviremos tres intensas e apaixonantes xornadas, a primeira delas integramente en liña, e as dous seguintes poderanse seguir tanto de forma presencial, como vía streaming”, engaden as entidades organizadoras.
Os días 9 e 10 o congreso desenvolverase en diferentes espazos de forma simultánea como unha sala onde se impartirán clases maxistrais, mesas redondas e conferencias da man de pioneiros e persoas influentes, así como overviews de innovación.
galicia_sportech_congress_2023_3_.jpg Noutro espazo atoparémonos cun showroom ou centro demostrador, con clinics e sesións prácticas onde se vai dar conta das distintas tecnoloxías aplicadas ao deporte, onde o asistente terá a posibilidade de probar de primeira man estas ferramentas durante todo o evento. Tamén haberá unha zona de networking, onde poder establecer contacto co resto de asistentes e membros da industria dunha forma distendida.
Este ano contarase coa novidade das visitas ao ecosistema, onde se trasladará o congreso para “comprender os casos de éxito de Balaídos, Afouteza (en Vigo) e o Centro de Alto Rendemento de Pontevedra, para dar a coñecer as mellores prácticas nas propias infraestruturas deportivas”.
Eses mesmos días, celebrarase outro dos pratos fortes do Galicia Sportech Congress, a Sportech Competition. “Trátase dunha das actividades con máis impacto e que convoca máis
asistentes”, sinalan dende a organización, engadindo que “este ano achégase a novidade dun meirande número de compañías da industria sportech, pasando das 5 doutros anos, ás 10 deste 2024, as cales terán a posibilidade de presentarse e competir inmersos na contorna do Galicia Sportech Congress, ante todo o ecosistema do deporte”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?