Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seis empresas de CLUSAGA tiran proveito do proxecto europeo HIGHFIVE de transición verde e dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seis empresas de CLUSAGA tiran proveito do proxecto europeo HIGHFIVE de transición verde e dixital

S. P.
Publicado: 01/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clusaga_highfive.jpgO Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), en liña co seu obxectivo de acompañar ás empresas na transición verde e dixital, participa no proxecto europeo HIGHFIVE (enHancing dIgital and Green growtH in the Food processing industry via Interregional innoVation invEstments), unha iniciativa que comparte esta meta transformadora (tecnolóxico-sustentable) e busca acadala a través de investimentos interrexionais en innovación. Tras un ano de actividade desta iniciativa, un total de seis organizacións socias do clúster contan con apoio económico do proxecto para impulsar accións de dixitalización e sustentabilidade.
Dito apoio parte de dúas fontes: as convocatorias de axudas a proxectos de innovación de HIGHFIVE e a inclusión de empresas en HIGHFIVE mediante un proceso de ampliación de consorcio.
A liña de apoio económico de para proxectos de pemes ten o obxectivo de impulsar a aparición de novas cadeas de valor interrexionais e intersectoriais a través da twin transition verde e dixital, e da Industria 5.0. A segunda e derradeira convocatoria desta liña, cuxa primeira edición deixou resultados “moi positivos para Galicia o pasado mes de agosto”, en palabras de CLUSAGA, está aberta dende mediados de xaneiro e aceptará propostas ata o vindeiro 28 de marzo.
Máis polo miúdo, o consorcio de HIGHFIVE recibiu, na súa primeira convocatoria, 58 propostas de empresas de 26 rexións europeas, das cales 7 foron de empresas galegas. Como resultado, 9 proxectos de innovación procedentes de 5 rexións diferentes foron seleccionados para recibir financiamento, sendo 2 deles galegos.
O primeiro destes proxectos está a ser aplicado por Queizuar, que está a aplicar nas súas instalacións sensórica avanzada para a monitoraxe continua de parámetros de calidade en soro lácteo, para así optimizar o proceso de valorización. Para levalo a cabo, conta coa colaboración de ANFACO-CECOPESCA.
O segundo proxecto escollido foi o de Glaücor Ingeniería que, coa colaboración de Aotech Optical Technologies, está a traballar en sistemas continuos de medición da humidade en manteiga a través de NIRS, para así automatizar o proceso de dosificación de auga.
Ademais do anterior, o proxecto europeo levou a cabo un proceso de ampliación de consorcio, mediante o cal integráronse nel empresas que desenvolverán iniciativas para a implementación de novas tecnoloxías dixitais e verdes. Así, unha das cinco iniciativas incorporadas é a de Quescrem e TripleAlpha, consistente nunha ferramenta de previsión da demanda e compra baseada en Intelixencia Artificial, que permita optimizar os procesos de fabricación. Deste xeito, ambas entidades súmanse á delegación galega do consorcio de HIGHFIVE, integrada pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e CLUSAGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?