Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey presenta as axudas autonómicas da innovación ao tecido emprendedor pontevedrés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey presenta as axudas autonómicas da innovación ao tecido emprendedor pontevedrés

S. P.
Publicado: 02/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_vilagarcia_pontevedra_axudas_innovacion.jpgA Xunta presentou na sede arousá da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa os instrumentos autonómicos de apoio á innovación en pemes, no transcurso dunha xornada introducida pola directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o vogal da Cámara PVV e director xeneral de Kemegal Químicos, Miguel Ángel García Miguéns.
O obxectivo foi dar a coñecer as novidades das novas convocatorias de axudas, como por exemplo os Bonos de Innovación ou os programas DeseñaPeme e InnovaPeme. Tamén se tentou resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra.
Respecto diso, Miguel Ángel García transmitiu aos asistentes o papel da Cámara de Comercio como aliada na transformación do tecido produtivo. “Poñemos á vosa disposición o noso servizo de asesoramento para emprendedores, ademais dunha completa formación en diversos programas, e impulsamos un proxecto ilusionante, Dixital hubNET, que implicará a posta en marcha de dous centros conectados en Pontevedra e aquí, en Vilagarcía, enfocados á transformación dixital das pemes e ao emprendemento en sectores estratéxicos do tecido económico galego”, indicou.
Na xornada presentáronse casos de éxito de pemes innovadoras beneficiarias das liñas de axudas de GAIN en anteriores convocatorias, como Craftium, unha empresa de Intelixencia de Mercado enfocada á adquisición, análise e procesado de información para a definición de estratexias. “A través da nosa participación en DeseñaPeme 2023, deseñamos unha plataforma de fluxos loxísticos que permitirá caracterizar as cadeas de subministro e loxísticas das empresas, anticipando comportamentos”, indicou Sara Ruadas, consultora de Craftium.
Tamén participou Mónica González, de Tacore, compañía dedicada ao deseño e fabricación de liñas completas de procesado de peixe, solucións de almacenaxe e automatización mediante robótica, que se beneficiou das vantaxes de InnovaPeme en 2021.
camara_vilagarcia_axudas_innovacion_gain_reguera__argerey_y_garcia_miguens.jpgCon esta xornada, que se está celebrando nas catro provincias galegas, a Axencia Galega de Innovación quere animar ás micro, pequenas e mediano empresas e entidades do terceiro sector social a innovar, con independencia do seu tamaño, localización, ou sector. Para eso, póñense á súa disposición non só axudas económicas, senón apoios nun sentido máis amplo como asesoramento ou axuda na preparación de propostas a programas europeos, por exemplo. Estes programas están incluídos no mapa de apoios conxunto da Xunta de Galicia a I D i que integra 37 instrumentos de 13 departamentos.
En concreto, na xornada de hoxe presentáronse as convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos para a preparación de candidaturas a programas europeos de I+D+i, DeseñaPeme e InnovaPeme. O programa de Bonos de Innovación, dotado cun orzamento de 750.000 euros, abriu o prazo de solicitude ata o próximo 22 de febreiro. O seu obxectivo é impulsar os primeiros pasos para innovar en autónomos, microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social, e ademais permitir dar visibilidade á innovación que estas levan a cabo. Para isto, apoia a contratación de servizos externos de axentes innovadores con vistas a conseguir un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo.
Pola súa banda, os Bonos para a preparación de candidaturas a programas europeos de innovación destinarán 500.000 euros en concorrencia non competitiva a apoiar a preparación de propostas tanto de pemes como de organismos de investigación, co obxectivo de impulsar a participación de entidades galegas nestes programas. Esta liña de axudas, cuxas intensidades de axuda oscilan entre o 30 e o 60%, prevese publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas próximas semanas.
Por último, as convocatorias de InnovaPeme e DeseñaPeme, dotadas con 4,5 millóns de euros, publicarase o próximo 13 de febreiro no DOG. Trátase de axudas dirixidas a pemes para financiar as actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, co obxectivo de sistematizar e fortalecer a innovación nestas empresas. A intensidade da axuda é do 50% e o importe pode oscilar entre 25.000 e 75.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?