Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Proseguen en Palmeira os obradoiros de apps para maiores que visitarán todas a parroquias de Ribeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Proseguen en Palmeira os obradoiros de apps para maiores que visitarán todas a parroquias de Ribeira

S. P.
Publicado: 07/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil-persoa-maior-tecnoloxias-senior-2.jpgEste xoves 8 de febreiro arrinca en Palmeira (Ribeira) unha acción formativa TIC organizada polo Concello a través da Concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe Francisco Suárez-Puerta, coa colaboración directa da Aula CeMIT. Trátase dun obradoiro de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores abeirado a unha xira formativa que comezou en xaneiro e que visitará todas as parroquias do concello. A sesión de Palmeira celebrarase os días 8 e 9 de febreiro, en horario de tarde: de 16.00 a 18.00 horas. Logo o obradoiro visitará Artes, o 22 e o 23 de febreiro.
obradoiros_aplicacions_mobiles_persoas_maiores_ribeira.jpg “Os obradoiros de uso de aplicacións móbiles para adultos maiores representan unha oportunidade para achegar a esta xeración ás tecnoloxías actuais, brindándolles a posibilidade de explorar e beneficiarse das numerosas aplicacións deseñadas para mellorar a súa calidade de vida”, explicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, engadindo que “estes talleres non só buscan ensinar o manexo básico de dispositivos móbiles, senón tamén mostrar como as aplicacións poden ser ferramentas útiles en diversos aspectos cotiáns”.
Os obradoiros xa se desenvolveron en Corrubedo o 11 e 12 de xaneiro e en Olveira o 25 e 26 de xaneiro. Ao longo destes meses celebraranse en Palmeira o 8 e 9 de febreiro, Artes o 22 e 23 de febreiro, Castiñeiras 7 e 8 de marzo, Aguiño 21 e 22 de marzo, Carreira 11 e 12 de abril, Oleiros 25 e 26 de abril e Castiñeiras o 9 e 10 de maio.
As actividades formativas desenvolveranse en horario de 16:00 a 18:00 da tarde e a inscricións poderanse realizar a través do correo: cemit.ribeira@xunta.gal ou ben mediante o tlf 981876043.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?